LITERATURA / CERTAME

Lionel Rexes gaña o certame 'Minicontos de Outono', promovido polo Centro PEN e 'LV De Luns a Venres'


Etiquetas: Lionel Rexes, Concha Parga, José Sixto, Minicontos de Outono, LV De Luns a Venres, Centro PEN Galicia, Luís G. Tosar, Alfonso Á. Riveiro, Xabier Castro, Diego de Cora, Juan Méndez

27/01/2012 - LV De Luns a Venres

Luzada, un relato do mestre alfocense Lionel Rexes, é o texto gañador da segunda edición do certame literario Minicontos de Outono, promovido polo Centro PEN Galicia e LV. De Luns a Venres co patrocinio da Xunta de Galicia. Deste xeito, Rexes faise cun premio de 600 euros grazas a unha historia sobre o furtivismo na que a emigración e o humor teñen un papel moi importante.

O segundo premio, dotado con 300 euros, recaeu en Fulgores feridos, un texto erótico protagonizado por dúas mulleres que se deixan levar pola paixón no seu lugar de traballo. Asina o relato a coruñesa Concha Parga, que tamén se dedica á docencia. Finalmente, o poeta e xornalista lugués José Sixto foi merecedor do terceiro premio, que conta cunha dotación de 100 euros, grazas ao seu miniconto A estrela que veu, onde aborda o drama do paro desde o punto de vista da inxenuidade infantil. Ademais, as tres pezas premiadas serán publicadas nas edicións, tanto impresa como dixital, do xornal gratuíto LV. De Luns a Venres.

Nesta segunda edición, o xurado cualificador, que se reuniu o pasado 25 de xaneiro en Santiago, estivo composto polo presidente do Centro PEN Galicia, Luís G. Tosar; o director de LV, Alfonso Riveiro (con voz pero sen voto); o xornalista e escritor Diego de Cora; o director do Centro PEN, Xabier Castro, e o xornalista Juan Méndez.

Tras a súa deliberación, os membros do xurado quixeron salientar a abraiante acollida do certame, no que competiron máis de 200 orixinais chegados de toda Galicia e España e mais de países como Arxentina, Colombia, Venezuela, Alemaña ou Reino Unido. Ademais, na acta quixeron reflectir o excelente traballo realizado por un grupo nutrido de escolares que se presentou o certame demostrando que en Galicia hai unha boa canteira de literatos.

O acto de entrega dos premios terá lugar no transcurso dun acto literario cuxa data se dará a coñecer nas próximas semanas.  

5'0 (4 votos)

valorar_registrado


Acceder Crear usuario

valorar_propios



valorar_valorado



¿Comentas?

comentarios_interesa guía de comentarios.


Acceder Crear usuario

co_explica





captcha

Cambiar por outro


co_pouco_html
co_etiquetas_html


Fotos

Os membros do xurado, durante as deliberacións, que tiveron lugar, o 25 de xaneiro, en Santiago de Compostela (J. Barcala / AGN)
Os membros do xurado, durante as deliberacións, que tiveron lugar, o 25 de xaneiro, en Santiago de Compostela (J. Barcala / AGN)