Fenosa foi durante décadas o símbolo da industrialización en Galicia. Nacida nos anos de penuria da postguerra, recibiu o apoio do franquismo. Tivo unha elevada actividade nas décadas dos cincuenta e sesenta na construción de encoros nos principais ríos galegos, sobre todo no Miño, pero tamén no Eume, no Tambre e no Ulla. Despois ampliou a súa actividade ás centrais térmicas, primeiro en Sabón e máis tarde en Meirama, coa explotación da mina adxacente de lignito.
Nestas actividades contou con facilidades por parte do réxime nas expropiacións de terras, nos tempos nos que o asulagado dos vales condenaba aos labregos á expulsión das súas terras a uns prezos considerablemente baixos. Na maior parte dos casos quedou a simple resistencia pasiva e noutros desembocou en conflictos, como en Castrelo de Miño. Ata comezos dos oitenta Fenosa era o proxecto industrial de capital galego máis importante, ben é certo que centrado na xeración de enerxía e sen participar noutras actividades de transformación, como podería telo feito pola súa posición privilexiada. Despois veu a súa fusión con Unión Eléctrica, a formación da nova Unión Fenosa e o cambio da súa sede a Madrid, comenzando así a perda da súa dirección desde Galicia. Pero continuou a ser a principal compañía eléctrica en número de abonados en Galicia. Tivo un trato preferente e foi a principal beneficiaria do suposto plan de electrificación rural, que derivou realmente nun plan de mellora da rede eléctrica de transporte cos gobernos de Fraga na década dos noventa, así como na constitución de Sogama e tamén na planta de gas de Reganosa. Ademais comezou tamén unha estratexia de diversificación, no negocio das telecomunicacións con R e nos servizos de enxeñería.
As dúas caixas de aforro galegas e o Banco Pastor seguían sendo accionistas minoritarios e no 2005 houbo unha operación que pretendía acadar un control do grupo por parte de significados empresarios galegos cunha adquisición frustrada ao paquete de control posuido polo Banco de Santander debido ao trasacordo do seu Presidente, que llelo vendeu á constructora ACS, que se fixo así co control da compañía.
En menos de tres anos ACS vendeu agora cunha importante plusvalía a súa participación a Gas Natural, que vai levar de seguro a unha reordenación dos negocios nos que participaba Unión Fenosa. Deste modo os negocios e actividades de Fenosa van ser dirixidas desde fóra e subordinadas ás estratexias enerxéticas de Gas Natural.
Este adeus, Fenosa, adeus debéranos facer reflexionar. Por exemplo, con relación ás concesións eólicas a decidir nos próximos meses. As cesións territorais e os impactos provocados pola xeración de diversas formas de enerxía deben ser compensadas nos seus xustos termos aos propietarios das terras e máis vale gravar directamente con medidas que compensen os seus impactos desde un punto de vista do interés público que con promesas futuras, por moito que se poidan denominar ''proxectos de país''. Deste modo, se non podemos evitar problemas do pasado, polo menos non nos collerán de sorpresa
outros que poidan vir no futuro.
05/08/2008
Buen artículo.
Los expolios realizados en miles de leiras para instalaciones de Fenosa, Endesa, Reganosa, NUNCA han sido compensadas a sus legímos propietarios.
Las actuales expoliaciones de Reganosa, son fáciles de ver, siguiendo el gasoducto desde su inicio en Mugardos.
Naturalmente, esto apenas representa nada al lado del tremendo peligro de una planta regasificadora entre viviendas.
Planta que, en ningún país civilizado permitirían.
Canta xente falando agora da perda de Fenosa.
Canta hipocrisía.
Fenosa marcha agora de MADRID para Barcelona.
Xa non era galega!
Ou é que só protestamos se vai para Cataluña e non cando se foi para Madrid, que foi cando si que deixou de ser galega (se é que as empresas teñen nacionalidade)