Á hora de encetar as liñas do presente, descoñezo que é o que aconteceu na voda de Leticia –a outra- no pazo de Meirás, fundamentalmente porque as escribín antes do magno acontecemento. Non sei, daquela, en que deu o casamento nin as protestas que se convocaron perante o pazo usurpado noutrora polos pelotilleiros locais do ditador. Pero, a risco de me trabucar gravemente, intúo que se celebrou con normalidade, que as protestas foron afastadas pola “orde pública” (esa definición que tanto gustaba ao tirano pequerrecho), e mesmo pode que houbese algún pau máis ou menos (para os manifestantes, non para os casadores, con “s”).
Pero chegados a este punto, e valéndome dun célebre recurso compositivo, gustaría de facer “contrapunto” a algunhas das cousas que se veñen dicindo verbo da cuestión. O primeiro, que é unha perda de tempo acusar aos Franco-Martínez Bordiu e outras célebres estirpes exemplo de pobo traballador e sacrificado, de “provocación” pola celebración nupcial. Pedir a semellante persoal que se sensibilice por este feito puntual, cando botaron corenta anos de poder máis todos os de transición-post transición facendo gala dunha soberbia e afouteza bochornosamente consentidas, ou é ser moi iluso/a, ou moi romántico/a, por non empregar outros epítetos máis castizos.
E o segundo, que se isto se leva a cabo, non é para vergoña dos Franco, Martínez-Bordiu, Jétez-Gorrónez, etc., etc. –non se pode ter o que nunca se coñeceu-, senón para os restauradores desta democracia que en máis de trinta anos, aínda non foron quen de soterraren para sempre os restos ou “completos” do franquismo. Sempre se pon o mesmo exemplo, pero é que é a pura verdade: en Alemaña, moito antes dos trinta anos postreiros ao hitlerismo, este deixou de formar parte do presente cotián dos alemáns. Pola contra, aquí, que lles vou contar que vostedes non saiban xa. E o que é peor: moitas veces, coa complicidade obscena de certos políticos (fai falla dicir en que partido militan?) que se recrean na “pracidez” daqueles tempos.
Pois xa ven: 72 anos despois, emulando aquel célebre berro, aínda escoitamos en Meirás o “Non casarán!”. Pero non aconteceu nada: segundo informa o parte, “las tropas nupciales alcanzaron sus últimos objetivos: la boda… ha terminado”.
09/08/2008
A muchos de los que conocimos,creímos que sufrimos y vivimos parte de la dictadura del franquismo ya nos está dando asco la cantidad de mentiras, manipulaciones,insultos,faltas a la ética de la información,desprecio por el lector o interlocutor,etc. con que estamos siendo bombardeados respecto a cuanto a Franco se refiere.
Si el autor del artículo es joven,debe de enterarse y documentar lo que escribe pues estimo que seguramente fue manipulado en su momento.Si es mayor y conoció el franquismo es simplemente un mentiroso,resentido o un trepador de circunstancias.Entérese de como fue donado el pazo de Meirás;busque una sola protesta acerca de los donativos voluntarios...
A muchos de los que conocimos,creímos que sufrimos y vivimos parte de la dictadura del franquismo ya nos está dando asco la cantidad de mentiras, manipulaciones,insultos,faltas a la ética de la información,desprecio por el lector o interlocutor,etc. con que estamos siendo bombardeados respecto a cuanto a Franco se refiere.
Si el autor del artículo es joven,debe de enterarse y documentar lo que escribe pues estimo que seguramente fue manipulado en su momento.Si es mayor y conoció el franquismo es simplemente un mentiroso,resentido o un trepador de circunstancias.Entérese de como fue donado el pazo de Meirás;busque una sola protesta acerca de los donativos voluntarios particulares.Busque un sólo comerciante en donde la Sra. Polo haya adquirido algo que no fuera abonado tanto en La Coruña como en Lugo. Otra cosa eran las donaciones pelotilleras que las hubo y algunas con posteriores disgustos para el donante.
Hablar mal,mentir,tergiversar,deformar la figura y trayectoria de Franco y su repercusión en el progreso increible para entonces de España,ya no vende ni entre los jóvenes a pesar de la programada información manipulada a ellos dirigida tiempo ha.
Y recordar que fue quien ganó la guerra que comenzó el partido socialista en el año 34 y gracias a eso estamos aquí como estamos aunque cada vez peor. Quien gana pone sus condiciones que fueron muy benignas para los otros,entre los que me encuadro.La valentía verbal actual no tiene más mérito que el de demostrar odio impotente acumulado y condición personal no envidiable.Normalmente la condición personal va pareja con los atributos masculinos (o femeninos) que el PEQUERRECHO,como dice el autor, demostró siempre y no la verborrea para borreguitos con la que actualmente somos alimentados y encima la recibimos con caritas de risa.
Mira rapaz: A guerra finou o 1-4-1939 ;Franco morreu ó 21-11-75 así que si botas as contas non estivo no poder corenta anos se non trinta e seis e un piquiño.(mentira manipulada,xeneralizada e xa asemilada)
O Pazo de Meirás foi doado por(mira no google)e a suscripcion popular foi simbólica e insiñificante e totalmente voluntaria.
A min persoalmente impórtame tres garabullos o asunto do pazo pero hay unha propiedade lexitimada, rexistrada e ainda que non a houbera hay unhas leis nun códego civil que falan da adequisición do dominio sin título e con malla fé,que non é iste o caso.
Total: Aparte de gañas de facer o parvo en iste asunto, xa estou pensando que as...
Mira rapaz: A guerra finou o 1-4-1939 ;Franco morreu ó 21-11-75 así que si botas as contas non estivo no poder corenta anos se non trinta e seis e un piquiño.(mentira manipulada,xeneralizada e xa asemilada)
O Pazo de Meirás foi doado por(mira no google)e a suscripcion popular foi simbólica e insiñificante e totalmente voluntaria.
A min persoalmente impórtame tres garabullos o asunto do pazo pero hay unha propiedade lexitimada, rexistrada e ainda que non a houbera hay unhas leis nun códego civil que falan da adequisición do dominio sin título e con malla fé,que non é iste o caso.
Total: Aparte de gañas de facer o parvo en iste asunto, xa estou pensando que as negociacións da Xunta co a familia ou herdeiros do Caudillo acerca da apertura do pazo ó pobo para visitas certos días,dicía que estou pensando que ó mellor houbo algo que non se dixo.Algo así como cando ceibaron o PLAYA DE BAKIO que estou esperando a ver como foi:El gobierno hizo lo que debía de hacer y no lo que no debía de hacer,expricación da Sra. Vicepresidenta non é de recibo.Bueno:Hoxe en día e mais para quenes vay dirixida a expricación,case,case pode valer.
Solamente manifestar que los dos comentarios que acabo de leer,aquí reflejados e impresos me están dando mucho que pensar. No había caido yo en lo de las posibles negociaciones para apertura al público del pazo ni en la legitimidad indudable de la propiedad del pazo. Me está oliendo a algo raro.
A min si que hai cousas destes comentarios que me cheiran raro: a primeira, que TODOS se producen no mesmo día; e a segunda, que entre o primeiro e o segundo só hai 27 minutos de diferencia, e o terceiro métese para comentar o "mucho que pensar" que lle dan os anteriores. Co cal, ou temos un novo caso de Trinidade (tres nicks e un só posteador) ou de tomadura de pelo. O suposto primeiro posteador xa minte descaradamente cando fala de Carmen Polo, o terror dos xoieiros coruñeses, por non falar dos seus descarados parabéns ao franquismo. E ao suposto segundo, lembrarlle que Galicia caeu do bando nacional a pouco da guerra (no 36), e que a ditadura non rematou coa morte do ditador (que...
A min si que hai cousas destes comentarios que me cheiran raro: a primeira, que TODOS se producen no mesmo día; e a segunda, que entre o primeiro e o segundo só hai 27 minutos de diferencia, e o terceiro métese para comentar o "mucho que pensar" que lle dan os anteriores. Co cal, ou temos un novo caso de Trinidade (tres nicks e un só posteador) ou de tomadura de pelo. O suposto primeiro posteador xa minte descaradamente cando fala de Carmen Polo, o terror dos xoieiros coruñeses, por non falar dos seus descarados parabéns ao franquismo. E ao suposto segundo, lembrarlle que Galicia caeu do bando nacional a pouco da guerra (no 36), e que a ditadura non rematou coa morte do ditador (que dito sexa de paso, foi o VINTE, non o VINTEÚN, documéntate, recomendador de Googles), senón coa aprobación en referendo do proxecto de reforma política en 1976. Co cal, de 1936 a 1976, a min sáenme 40 anos e mesmo algúns meses de ditadura en Galicia. O artigo, por outra banda, é impecábel: non cuestiona a propiedade do Pazo, senón a maneira en que esta se produciu, cousa que só un fanático como o primeiro(-segundo-terceiro) posteador pode negar. Google tamén é moi útil para comprobalo.