EE UU

Wikileaks saca á luz máis de 5 millóns de correos dunha empresa de seguridade


Etiquetas: Wikileaks, correos, empresa, seguridade, EE UU, publicar

27/02/2012 - Galiciaé LV / Axencias

A rede Wikileaks anunciou hoxe que comezou a publicar máis de 5 millóns de correos electrónicos da empresa privada estadounidense de seguridade Stratfor.

Os correos de Stratfor, segundo Wikileaks, arrincan en xullo de 2004 e chegan ata últimos de decembro de 2011.

Revelan os procedementos internos dunha "compañía que figura como editora de informes, pero que prové de servizos de información confidencial para grandes corporacións, como Dow Chemical Co. (responsable do desastre de Bhopal), Lockheed Martin, Northrop Grumann, Raytheon e axencias do Goberno, incluído o Departamento de Seguridade da Patria, os Marines e a Axencia de Intelixencia de Defensa de EE UU.".

Stratfor confirmou nun comunicado de prensa o "roubo" en decembro pasado dos seus correos, pero advertiu de que "algúns dos mails poderían ser falsificados ou modificados para introducir información errónea, outros poderían ser auténticos, pero non os imos a validar en ningún caso".

Tampouco, agregou, pensa dar explicacións nin abandonar o seu traballo na "análise xeopolítica" a raíz do "hacking" "lamentable, desafortunado e ilegal".

Wikileaks adianta tamén que os correos revelan o uso por Stratfor de redes de informadores -aos que supostamente se paga en contas de bancos suízos e cartóns de crédito de prepago-, estruturas de pago de subornos, técnicas de branqueo de capitais e métodos psicolóxicos.

No seu comunicado, Stratfor contestou que se esforzou en establecer boas fontes en moitos países do mundo, como o faría calquera casa editora de análises xeopolíticas. Fixémolo dun xeito honesto e estamos comprometidos coas normas máis rigorosas de conduto profesional".

Wikileaks sostén na súa nota que o material obtido de Stratfor mostra como traballa unha axencia privada e como escolle a individuos para os seus clientes privados e gobernamentais.

Este portal de internet menciona tamén que os correos achegan información privilexiada sobre os ataques do Goberno dos Estados Unidos contra Julian Assange (fundador da rede) e Wikileaks e os intentos de Stratfor por minar ao portal. "Hai máis de 4.000 emails", precisa, "que mencionan a Wikileaks ou a Julian Assange".

O grupo de piratas informáticos Anonymous fixo público o 25 de decembro de 2011 que roubara a lista "secreta" de clientes de Stratfor e que a lista de clientes da empresa "non será privada nin secreta nunca máis".

0'0 (0 votos)

Para valorar comentarios debes estar rexistrado.


Acceder Crear usuario

Non podes valorar os teus propios comentarios.



Só podes valorar o comentario unha vez.



1 comentario

Borraranse os comentarios que conteñan insultos e/ou contidos inadecuados.
Para calquera dúbida, consulta a guía de comentarios.


#1 Por enero 27-02-2012 20:23

Normal

Otro iluminado el Aznar y diria que de la "talla" de su Franco.Un ultra segun sus aliados y se burlan de el como si fuera un payaso.
Y tiene una paga vitacia como expresidente y a su fundacion Faes se le subvenciona con 4 o 5 millones por decir payasadas.
Que personaje tan limitado en todos los sentidos


Acceder Crear usuario

Podes comentar sen ter que crear un usuario, pero é recomendable se queres acceder a todas as funcionalidades dos comentarios (votacións, karma, foto personalizada...)





captcha

Cambiar por outro


Un pouco de HTML está ben
Podes usar algunhas etiquetas HTML <a></a>, <b></b>, <s></s>, <u></u>, <i></i>