GALICIA

Feijóo esixe que se modifique ''sen condicionantes localistas'' o mapa de municipios


Etiquetas: Feijóo, Xunta, fusión, municipios, Fegamp, Goberno

27/02/2012 - Galiciaé LV / Axencias

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, instou hoxe ao Goberno central a elaborar "sen condicionantes localistas" un regulamento para todo o Estado cos criterios obxectivos, como poboación e extensión, para a alianza entre municipios e a formación de Concellos.

Feijóo presentou hoxe en Santiago ao presidente da Fegamp (Federación Galega de Municipios e Provincias), José Manuel Rey Varela, quen durante a súa participación no "Forum Europa. Tribuna Galicia" tamén apostou pola fusión dos municipios aínda que "non por decreto", e sinalou que, a curto prazo, "a obrigación é a prestación conxunta de servizos".

Para o presidente galego, a revisión do mapa municipal é "un camiño sen retorno" e hai que "superar as suspicacias" que esperta. Por iso, afirmou que a Xunta seguirá impulsando "a colaboración entre municipios para compartir servizos, ben ante a fusión pola vía dos feitos, ou por unha formal e completa".

Neste sentido, Feijóo advertiu de que os concellos teñen o reto de que "non todo pode ser igual para dentro de catro anos", xa que Galicia non pode "dar por consolidado un modelo do século XIX" con 315 órganos diferentes, un por cada concello.

Así, cuestionou "o actual e antigo" mapa municipal galego, cun alcalde por 9.000 habitantes, aínda que sexa un cociente superior ao de España, dun por cada 6.000 habitantes, e preguntou "se cabe que un país se organice deste xeito".

O presidente da Xunta manifestou que é consciente de que esta tarefa "suporá o camiño contrario ao percorrido ata agora" e será necesaria a "implicación de moita xente", desde a cidadanía á Administración central, autonómica e local.

Por parte do Goberno autonómico dixo que a implicación "vai ser completa", como considera demostrado ao primar a cooperación entre municipios para as axudas, e agradeceu que as autoridades locais pasen "ao detalle e do detalle ao feito", coa iniciativa da Fegamp de elaborar este ano un Mapa Socioeconómico de Servizos Municipais.

"A Fegamp presentará este ano a súa proposta, o que non podo dicir é o número ideal de municipios que teñen que existir en Galicia" ata terminar ese estudo, respondeu Rey Varela, a unha pregunta no debate posterior.

Ademais, ante a posibilidade de que poida existir unha normativa autonómica ou estatal para as alianzas municipais advertiu de que os concellos non poden esperar a que lexislen por eles, senón que é mellor tomar decisións desde o municipalismo "a que veñan impostas de fóra" e comprometan a autonomía local.

O presidente da Fegamp non se mostrou partidario das fusións "por decreto" porque considera que non producirán "aforros inmediatos e efectivos" e apostou por colaboración para "romper os límites locais e compartir a prestación de servizos".

Polo que respecta ao caso concreto de Ferrol e a súa posible fusión co municipio veciño de Narón, Rey Varela asegurou que "non hai que descartar nada sobre o futuro mapa municipal de Galicia", xa que os concellos debe tender a ''unirse'', pero "a dificultade é a que é", recoñeceu.

5'0 (2 votos)

Para valorar comentarios debes estar rexistrado.


Acceder Crear usuario

Non podes valorar os teus propios comentarios.



Só podes valorar o comentario unha vez.



1 comentario

Borraranse os comentarios que conteñan insultos e/ou contidos inadecuados.
Para calquera dúbida, consulta a guía de comentarios.


#1 Por desPPista0 27-02-2012 15:58

Normal

Os PrinciPais imPPulsores da PPolítica de camPPanario agora van a "marearnos" coa fusión dos concellos ¿ou será fisión? Sempre será a "confusión" na que medran...


Acceder Crear usuario

Podes comentar sen ter que crear un usuario, pero é recomendable se queres acceder a todas as funcionalidades dos comentarios (votacións, karma, foto personalizada...)





captcha

Cambiar por outro


Un pouco de HTML está ben
Podes usar algunhas etiquetas HTML <a></a>, <b></b>, <s></s>, <u></u>, <i></i>


Fotos

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, conversa co presidente da Fegamp, José Manuel Rey (EFE/Lavandeira jr)
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, conversa co presidente da Fegamp, José Manuel Rey (EFE/Lavandeira jr)