TEATRO

Un total de 261 profesionais de 28 compañías optan aos premios María Casares


Etiquetas: teatro, premios, María Casares, Galicia, actores

27/02/2012 - LV Galiciaé / Axencias

Un total de 261 profesionais de 28 compañías e 30 espectáculos distintos aspiran aos galardóns da XVI edición dos premios de teatro María Casares.

A Asociación de Actores e Actrices de Galicia, que convoca estes galardóns, dará a coñecer o próximo xoves día 1 de marzo o nome dos finalistas. Os premios entregaranse o día 3 de abril nunha cerimonia que se celebrará no Teatro Rosalía de Castro da Coruña

As categorías da décimo sexta edición dos Premios de Teatro María Casares son: mellor maquillaxe, mellor vestiario, mellor iluminación, mellor música orixinal, mellor adaptación- tradución, mellor texto orixinal, mellor escenografía, mellor actriz secundaria, mellor actor secundario, mellor actriz protagonista, mellor actor protagonista, mellor dirección e mellor espectáculo. A estes hai que sumar o Premio de Honra María Soto, que recoñece a traxectoria ou un especial labor de promoción do teatro.

Os Premios María Casares distinguen o traballo dos profesionais e das distintas producións realizadas en lingua galega; neste caso da XVI edición as estreadas entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2011.

0'0 (0 votos)

Para valorar comentarios debes estar rexistrado.


Acceder Crear usuario

Non podes valorar os teus propios comentarios.



Só podes valorar o comentario unha vez.



¿Comentas?

Borraranse os comentarios que conteñan insultos e/ou contidos inadecuados.
Para calquera dúbida, consulta a guía de comentarios.


Acceder Crear usuario

Podes comentar sen ter que crear un usuario, pero é recomendable se queres acceder a todas as funcionalidades dos comentarios (votacións, karma, foto personalizada...)





captcha

Cambiar por outro


Un pouco de HTML está ben
Podes usar algunhas etiquetas HTML <a></a>, <b></b>, <s></s>, <u></u>, <i></i>