Maletas

Datos de interés

  • Lunes 01.12.2008

Maletas


Etiquetas: Jaureguizar, ocio, publicidad

Jaureguizar.

As maletas van encararse connosco calquera día. Pasan o ano esquecidas nun armario. Cando as quitamos, elas ilusiónanse coa viaxe que van emprender. Logo descubren que imos cargalas coa nosa roupa e enseres.

O peor é cando, tras meterlles moitas maís cousas das que son capaces de acoller, maldecímoas porque a súa cremalleira non pecha. Mesmo hai xente que se lles senta enriba, aínda a risco de provocarlles asfixia, e dá saltiños para premer aínda máis. Como se elas tamén tivesen que someterse á Operación Bikini.

Se considerásemos as posibilidades que nos ofrecen, como coidan das nosas pertenzas, poida que as tratásemos con maior agarimo. Un fabricante de maletas desenvolveu unha campaña publicitaria con fotografías de Annie Leibovitz, que tirou imaxes a Mijail Gorbachov, Catherine Deneuve, André Agasi e Stephi Graf onda as súas maletas. Sen tempo non era de valorar un chisco ás nosas compañeiras polo mundo adiante.

Ata o de agora soamente somos conscientes delas cando as cintas de equipaxe que hai nos aeroportos xiran e xiran, e non aparecen. As estimacións son de que cada día se perden dez mil maletas no mundo. No aeroportos adoitan depositalas en hangares, onde forman unha extraña confraternidade falando das viaxes que nunca farán.

22/08/2008

0'0 (0 votos)

valorar_registrado


Acceder Crear usuario

valorar_propios



valorar_valorado



¿Comentas?

comentarios_interesa guía de comentarios.


Acceder Crear usuario

co_explica





captcha

Cambiar por outro


co_pouco_html
co_etiquetas_html

Opcións

Buscar + información sobre





Publi


Galiciae
Rúa Salvadas, 27, Santiago · Tlfno: 981 55 25 30
Grupo El Progreso