Pegas

Datos de interés

  • Lunes 01.12.2008

Pegas


Etiquetas: famoseo, Ribadeo, Jaureguizar

Jaureguizar.

O sábado saudei a Xabier na praia. É un rapaz polo que sinto moito cariño e adoito saudalo entusiasticamente. Estrañoume que me falase en castelán, porque sempre falamos en galego. Máis me sorpredendeu a súa faciana, cubertos os ollos por unhas gafas de sol, cunha expresión de estupor. Un amigo común achegouse a ambos os dous para presentarnios.

Xabier non era Xabier, senón un rapaz vasco que estaba de vacacións en Ribadeo. Eu desculpeime con el, añínda que non puiden deixar de pensar en que, parecéndose tanto ao tal Xabier, podería facerse pasar por el para non me deixar en ridículo. Logo mirei a Arantxa del Sol no Campín dos Curas, unha zona do parque ribadense. Os seus ollos ían cubertos por unhas lentes de sol grandes coma os parasoles que se poñen aos cativos para quitarlles o sol nos coches. No Chuza! informeime de que un estudo universtario asegura que as pegas son quen de recoñecérense nun espello.

Eu non sei se Arantxa del Sol sería quen de recoñecerse con esas gafas que lle tapan media cara. Pregunteille á miña muller que acontecería se Arantxa del Sol fose unha pega. ¿Daría identificada a súa cara? A miña muller advertiume de que, tendo en conta que estaba abrazada con Rafi Camino, o máis probable é que fose Natalia Álvarez.

25/08/2008

3'0 (2 votos)

valorar_registrado


Acceder Crear usuario

valorar_propios



valorar_valorado



¿Comentas?

comentarios_interesa guía de comentarios.


Acceder Crear usuario

co_explica





captcha

Cambiar por outro


co_pouco_html
co_etiquetas_html

Opcións

Buscar + información sobre





Publi


Galiciae
Rúa Salvadas, 27, Santiago · Tlfno: 981 55 25 30
Grupo El Progreso