Na esquina

Datos de interés

  • Lunes 01.12.2008

Desenlaces

Na esquina


Etiquetas: prostitución, familia, mujer, Navia Franco

Navia Franco.

Preto de onde eu vivo hai unha esquina moi visitada. O normal é que estea ocupada por unha ou outra prostituta das que exercen no barrio, sentada nun saínte da fachada mentres os clientes non dan chegado. Nos últimos tempos ocúpaa unha prostituta en particular, que antes sentaba nun petón mentres facía encrucillados ou sopas de letras. A esta muller maior dáselle agora por durmir coa cabeza inclinada, a distintas horas e no mesmo recanto ou por ficar esperta vendo pasar a xente mentres a vida se lle sobe aos tubos de escape dos coches que circulan por diante dela.

Cando paso por ela cos meus fillos dáme a min que lle entra un certo pudor, que nin por asomo intúo cando estou eu soa. Eu creo que baixa a cabeza pero pode ser que só mo pareza a min; se cadra, se alguén contempla a estampa de nai, filla e fillo pasando por diante da prostituta, pensará noutra cousa, non sei en que pero seguramente algo moi distinto ao pudor.

Pregúntame o neno que fai esa señora sentada sempre na esquina. Desde que lle comentei que lle paga o alcalde para que conte os coches que circulan pola rúa quedou máis tranquilo. Agora que lle coñece unha profesión oficial cobrou sentido para Miguel ver aquela muller case sempre instalada na esquina e a min sacoume a preocupación da cabeza de que contarlle mentres el non teña máis idade e eu non mellore as miñas explicacións.

Pero hai ocasións nas que o recanto está ocupado por un home maior de barba branca e pel de neno, un paradoxo en si mesmo. Con boina e vestido de escuro, agarda por alguén ou descansa, quen sabe. A súa presenza faime pensar, como non, en que lugar e circunstancias se atopará a visitadora habitual da esquina; se algún cliente se lle achegaría ou se a volverei ver coa cara chea de mazaduras. Noutras ocasións vexo unha muller con bolsas da compra agardando para subir a un coche que a vén buscar. Outras veces, os rapaces esperan a saída dos seus amigos do colexio que está preto. Uns e outros van sentando na esquina, que segue a ser a mesma aínda que estea tan distinta sen ela.

Non nos saúdamos, entre outras cousas porque tivemos un pequeno incidente de tráfico no que non paga a pena afondar, non vaiamos darlle máis carnaza a quen critica a miña impericia ao volante. O certo é que, desde aquela, cruzamos olladas de desconfianza e ningunha palabra. Si a saúda, entronques, unha veciña miña, recentemente chegada, coma min, ao barrio. Unha e outra están unidas por un mesmo espazo de tránsito: a veciña vai e vén para buscar e levar os seus fillos e pasa pola esquina unha chea de veces ao día, mentres ela fica sentada ata que algún home a require. Pregúntome por que eu, tan abolicionista de cafetería, non son quen de cuspirlle na cara aos seus clientes.

Pregúntome que pensará ela daquela esquina.

27/08/2008

5'0 (1 votos)

valorar_registrado


Acceder Crear usuario

valorar_propios



valorar_valorado



¿Comentas?

comentarios_interesa guía de comentarios.


Acceder Crear usuario

co_explica





captcha

Cambiar por outro


co_pouco_html
co_etiquetas_html

Opcións

Buscar + información sobre






Publi


Galiciae
Rúa Salvadas, 27, Santiago · Tlfno: 981 55 25 30
Grupo El Progreso