Tempos

Datos de interés

  • Lunes 01.12.2008

Tempos


Etiquetas: Jaureguizar, literatura

Jaureguizar.

O ladrón dun libro con obras de Shakespeare foi apresado recentemente. Obras de Shakespeare hainas agora en calquera vídeoclub, pero a particularidade dese volume roubado era ser unha das 228 copias editadas no ano 1623 que se conservan e que foron preparadas por dous discípulos do dramaturgo que as recolleron por vez primeira en conxunto.

Shakespeare tiña ben coidado de que non se publicasen os seus textos. Daquela non se inventaran 'ramoncines' nin 'teddysbautistas' e gañábanse moitos cartos coas representacións teatrais. Había actores que vendían as obras que aprenderan e mesmo memorións especializados en acudir a postas en escea alleas para revendelas.

O valor das pezas teatrais era tal que Shakespeare puido construírse o seu teatro máis famoso coa venda de varias delas. Os dereitos de autor déronlle tamén para adquirir casas. Non mercou nin a primeira en Londres, onde vivía en pensións; senón en Stratford Upon Avon, a súa vila natal. Mercou os mellores edificios. No entanto, ao final, todo o que lle deixou á súa muller foi “a segunda das miñas mellores camas”.

Agora o teatro non pon ricos aos autores, pero segue habendo pouco respecto pola propiedade intelectual e tamén parellas que se odian como para que un morto deixe o seu segundo mellor coche á viúva.

25/08/2008

5'0 (1 votos)

valorar_registrado


Acceder Crear usuario

valorar_propios



valorar_valorado



¿Comentas?

comentarios_interesa guía de comentarios.


Acceder Crear usuario

co_explica





captcha

Cambiar por outro


co_pouco_html
co_etiquetas_html

Opcións

Buscar + información sobre




Publi


Galiciae
Rúa Salvadas, 27, Santiago · Tlfno: 981 55 25 30
Grupo El Progreso