OURENSE

Permanece activo un incendio en Allariz tras arrasar máis de 100 hectáreas


Etiquetas: Allariz, icendio, forestal, activo

15/03/2012 - Axencias / Galiciaé LV

O incendio que se orixinou á primeira hora da tarde de hoxe no termo municipal de Allariz (Ourense) queimou xa máis de 100 hectáreas, segundo informou a Xunta nun comunicado.

O lume iniciouse na parroquia de Coedo ás dúas da tarde. Segundo a Xunta, as estimacións provisionais indican que a superficie afectada supera as 100 hectáreas.

O alcalde de Allariz, Francisco García, indicou a Efe que os efectivos traballan para que o lume non chegue ás casas, ante a proximidade ás mesmas, así como á estrada comarcal. Segundo o alcalde, o lume afecta fundamentalmente a monte raso e arboledo. Nos labores de extinción traballan 7 axentes forestais, 9 brigadas, 2 pas e 7 motobombas.

Por outra banda, no municipio lucense de Samos, na parroquia de Lóuzara, iniciouse un incendio ás 15:56 horas de hoxe. A Xunta informou de que a primeira estimación provisional indica que a superficie afectada supera as 20 hectáreas. Nas tarefas de extinción participan 1 técnico, 4 axentes forestais, 6 brigadas, 3 motobombas e 1 pa.

3'5 (2 votos)

Para valorar comentarios debes estar rexistrado.


Acceder Crear usuario

Non podes valorar os teus propios comentarios.



Só podes valorar o comentario unha vez.