Adianto que non adianto

Datos de interés

  • Lunes 01.12.2008

O Abrelatas

Adianto que non adianto


Ramón Latas.

A clase (?) política deste país comeza a superarse a si mesma en espectáculos infantiloides (e que me perdoen os/as cativos/as). O renxe-renxe que nas últimas semanas se armou por mor da posibilidade dun adianto dos comicios galegos previstos inicialmente para 2009, vén de se resolver este xoves co presidente Touriño adiantando que non adiantaba nada, e que o ciclo electoral seguirá polo seu rego até o ano que vén.

Deixando á marxe que a decisión final é, para quen estas letras malxunta, axeitada e correcta, posto que non hai motivo nin obxectivo nin subxectivo para un adianto electoral, o que non é axeitado nin correcto é alimentar durante todo este tempo a especulación desta posibilidade, máxime cando isto se fai desde o partido maioritario dos dous que sustentan o Goberno galego; e o que é peor: obedecendo a intereses e estratexias totalmente alleas ao propio Goberno e a Galiza en xeral. Este país ten demasiada categoría como para servir de laboratorio ou experimento a estrategas ou esculca-votos de calquera signo, xa non digamos se estes operan nos seus sinistros laboratorios a tropecentos quilómetros destes pagos.

Mais o preocupante (ou o máis preocupante) de todo isto non é o anteriormente exposto, algo ao que xa estamos tristemente afeitos. O que realmente alarma é o devalar perigoso dun presidente da Xunta que debería ser iso mesmo por riba dos intereses partidistas dos seus colegas de Ferraz, e que aínda que finalmente tomou a única decisión lóxica posíbel, foi nas últimas xeiras cómplice necesario dun espectáculo moi pouco gratificante no que, como de costume, Galiza e os seus intereses pintaron menos que o home de Atapuerca nun congreso sobre tecnoloxía wi-fi.

Ademais, que leria! Desde que comezou a andaina autonómica, mantemos a imbatibilidade: todos os comicios galegos, de catro en catro anos. Como as Olimpiadas. Só que, mentres estas rematan para moitos “en medalla”, aquí estivemos a piques de “enmerdalla”...

30/08/2008

5'0 (1 votos)

valorar_registrado


Acceder Crear usuario

valorar_propios



valorar_valorado



¿Comentas?

comentarios_interesa guía de comentarios.


Acceder Crear usuario

co_explica





captcha

Cambiar por outro


co_pouco_html
co_etiquetas_html


Galiciae
Rúa Salvadas, 27, Santiago · Tlfno: 981 55 25 30
Grupo El Progreso