Steiner aconsellounos máis Europa

Datos de interés

  • Lunes 01.12.2008

Ollo Mol

Steiner aconsellounos máis Europa


Etiquetas: Jaureguizar, lingua, literatura

Jaureguizar.

O mestre da literatura comparada e un dos máximos teóricos da cultura europea, George Steiner, falou o ano pasado en Barcelona sobre a importancia da memoria para construír o futuro. Steiner chamou a Europa a basear a súa proxección na súa pluralidade cultural. Hai unha semana, nunha entrevista que lle facía Juan Cruz, Steiner definía Europa a través de tres lugares: Dublin, Milán e Barcelona. Considera que a capital catalá está aberta ao mundo, ao contrario que, segundo el, acontece con Madrid.

Steiner, un cerebro que funciona en catro idiomas, ceibaba logo aquela esbardallada de que «dixéronme que hai unha universidade en España na que é obrigatorio falar en galego». Ao primeiro, alpoericeime. Desconcertábame que un home tan habituado ás bibliotecas como aos aeroportos e que defende que Europa debe medrar alicerzada na súa plurarirade, puidese crer en semellante leria.

Tratei de saber en que universidade galega se obriga a falar en galego e pensei que tería que consultarlles aos de Galicia Bilingüe,porque unicamente debe de existir no imaxinario dos integrantes dese grupelo que busca mudar o país nunha especie de Región de Murcia coa particularidades coma a empanada e as alboradas.No canto dese suposto monolingüísmo, nas nosas universidades úsanse dúas linguas e seica están xa introducindo o inglés como lingua vehicular nalgunhas asignaturas, como resulta lóxico nun mundo no que se cruzan e se atopan as linguas todas.

Despois de pensalo un chisco, reparei en que o problema non estaba na ignorancia de Steiner, senón, nunha parte, na morna resposta de Juan Cruz: «Din que forma parte da súa identidade», balbuciu o xornalista. A lingua non é que forme parte da identidade, e que é o seu nutrinte básico. Malia todo, tampouco non se lle poden pedir a Cruz apaixonadas defensas da nosa cultura. Non é a súa batalla.

O cerne do problema radica noutro lugar. No lugar que leva a Steiner a dicir que Barcelona é un dos tres ámbitos que definen Europa ou a facer afirmacións tan propias dun ignorante como que «o catalán é un idioma importante, cunha literatura impresionante. Pero o galego, por que ha ser obrigatorio na universidade?» O defensor das linguas cativas expresouse coma eses que pensan que saber galego incapacita para saber español ou viceversa.

Busco os motivos polos que George Steiner louba tanto á cultura catalá: o ano pasado estivo convidado en Barcelona. Os intelectuais que convidamos a Galicia adoitan ser hispanofalantes ou lusofalantes, persoas que saben sen erro onde está o noso país e que teñen pouco peso na cultura occidental. Steiner deu a súa conferencia, como é lóxico, en inglés. E falou de Europa. Tamén a nós co seu esbardalle.

04/09/2008

5'0 (5 votos)

valorar_registrado


Acceder Crear usuario

valorar_propios



valorar_valorado



¿Comentas?

comentarios_interesa guía de comentarios.


Acceder Crear usuario

co_explica





captcha

Cambiar por outro


co_pouco_html
co_etiquetas_html

Opcións

Buscar + información sobre





Publi


Galiciae
Rúa Salvadas, 27, Santiago · Tlfno: 981 55 25 30
Grupo El Progreso