GALICIA

Juárez asegura que a xornada se desenvolveu con normalidade a pesar de rexistrarse 11 detencións


Etiquetas: folga, Juárez, subdelegación do goberno

29/03/2012 - Galiciaé LV / Axencias

O delegado do Goberno en Galicia, Samuel Juárez, destacou que a "normalidade" marcou o desenvolvemento da xornada de paro na Comunidade Autónoma, onde non se rexistraron incidentes relevantes aínda que foron detidas once persoas en Santiago, Ourense e Vigo.

Juárez subliñou que os incidentes que se rexistraron tiveron un carácter puntual, e afirmou que se están cumprindo ao 100% os servizos mínimos estipulados en sectores esenciais.

Por medio dun comunicado, Juárez valorou a "madurez" da sociedade galega nas primeiras horas da xornada de folga xeral, de forma que se garantiu o exercicio libre deste dereito fundamental xunto co dereito a circular ou a acudir ao posto de traballo".

En canto ao seguimento da xornada de folga, en sectores nos que non cabe ningún tipo de condicionante sobre os traballadores, como a administración pública, a Delegación do Goberno informa de que as porcentaxes varían entre o 19% da administración xeral do Estado en Galicia e o 35% no conxunto da autonómica.

En sectores para os que existen datos contrastados como a sanidade pública, a porcentaxe de seguimento é do 26% e en educación pública, do 22%.

A Delegación do Goberno subliña que os datos "permiten falar dun seguimento discreto nos sectores do transporte viario e na industria", e advirte de que hai que ter en conta que algunhas empresas optaron por permanecer pechadas polo que non pode avaliarse o impacto.

No comercio, a dinámica foi de ''normalidade" e o seu funcionamento viuse condicionado pola proximidade de concentracións e a actuación de piquetes, polo que houbo peches intermitentes ao longo da mañá.

Aínda que sen demasiada relevancia, rexistráronse algúns incidentes como a colocación de silicona e outros dispositivos en fechaduras, tachuelas e barricadas en estradas e accesos a polígonos industriais, queima de colectores ou rotura de escaparates.

En todo caso, a Delegación do Goberno sostén que estes incidentes foron menores que na última folga xeral e controláronse.

O Corpo Nacional de Policía detivo desde o inicio da folga a 11 persoas, sete en Santiago, tres en Ourense, e unha en Vigo.

0'0 (0 votos)

Para valorar comentarios debes estar rexistrado.


Acceder Crear usuario

Non podes valorar os teus propios comentarios.



Só podes valorar o comentario unha vez.



4 comentarios

Borraranse os comentarios que conteñan insultos e/ou contidos inadecuados.
Para calquera dúbida, consulta a guía de comentarios.


#4 Por Lingotes 29-03-2012 22:49

Normal

Las incidencias que nadie apoya, son anecdóticas. Ahora no deja de sorprender que el PP centre su discurso en lo anecdótico y no hable de la tremenda contestación social que ha tenido su terrible, injusta y desequilibrada Reforma de la Ministra que el domingo daba saltitos en el balcón del PP para disimular el batacazo electoral.
Las palabras y la cara de los dirigentes del PP demuestran nuevamente la sorpresa. El domingo no esperaban que tanta gente les diese la espalda y hoy reciben un claro NO A LA REFORMA. Y ellos acostumbrados a cualquier trapiche, tuvieron las farolas publicas de muchas ciudades encendidas para que el dato del descenso del consumo eléctrico no cantase. No nos merecemos esto!


#3 Por Vozmentirosa 29-03-2012 22:16

Normal

La Voz de Galicia, la gran manipuladora de los datos de la manifestación de Lugo. Mañana nadie debería comprar ese periodico. Miente en las cifras. La manifa de CIG era grande pero ni por asombro es la que dice la Voz. A la Voz se le ve el plumero con la CIG.Yo estuve alli. Nunca vi tanta gente en una manifestación en Lugo. Cuando llegamos a la gasolinera de la Ronda había 1 kilómetro y medio de personas a lo largo de la Muralla. UGT Y CCOO NO SUPIERON ORGANIZAR A LA MASA DE GENTE DELANTE DE LA SUBDELEGACION Y NO SE VIO LO QUE REALMENTE ERA.


#2 Por tururu 29-03-2012 20:21

Normal

Esto me recuerda la canción del charro mexicano que mataba y robaba, por lo demás, era más bueno que el pan. Colocar silicona y tachuelas, poner barricadas, quemar contenedores y romper escaparates son incidentes sin importancia. Lo serían si los causantes de ello pagasen de su bolsillo los desperfectos y los lucros cesantes ocasionados, seguramente lo pensarían tres veces


#1 Por Bugliot 29-03-2012 19:12

Normal

Que no se marchen de rositas, si los han detenido seguro que fué por mal comportamiento hacia el resto de los ciudadanos, así que a la carcel con ellos.


Acceder Crear usuario

Podes comentar sen ter que crear un usuario, pero é recomendable se queres acceder a todas as funcionalidades dos comentarios (votacións, karma, foto personalizada...)





captcha

Cambiar por outro


Un pouco de HTML está ben
Podes usar algunhas etiquetas HTML <a></a>, <b></b>, <s></s>, <u></u>, <i></i>