Pre-parados

Datos de interés

  • Lunes 01.12.2008

O abrelatas

Pre-parados


Etiquetas: crisis, trabajo, Ramón Latas

Ramón Latas.

Non sei se a outros Monchos ou Monchas lles acontecerá algo semellante, pero a min, o día da miña onomástica (31 de agosto, para os non iniciados/as), cando eu era neno producíame sensacións contraditorias. Duna banda, a festa familiar (o meu pai q.e.p.d. chamábase igual), pero da outra, sabía que ese día era prácticamente a fin das vacacións e a porta de apertura dese terríbel mes para calquera neno/a que se prece de selo: setembro. Xa é mala sorte: por un Ramón santo que hai, que traballo custou atopalo, resulta que aínda por riba é non nado ou por pouco; e para acabar de gobernala, o seu día cae ás portas da fin vacacional.

Agora, de adulto cando menos corporal, comprobo que setembro segue a ter connotacións negativas tamén para os/as que hai lustros que a neneza se nos foi embora. Especialmente, polo tema de ter que regresar á crúa realidade do traballo cando menos até xuño ou xullo, e que en non pouca porcentaxe de poboación provoca esa caste de estrés coñecida entre os expertos como “síndrome post-vacacional”, e entre o saber popular como “cagho-na-cona-que-pariu-ao-traballo-de-diola”.

Ben, pois parece ser que desta volta hai unha nova versión da doenza. Porque moitos/as traballadores/as, que neste exercicio agardaban, coma todos os anos, reincorporarse ao seu posto coa conseguinte saudade que iso xera logo das vacacións; resulta que van atoparse coa “ledicia” de que as súas vacacións se alongan por tempo indefinido. Xa ven, cousas da crise, da desaceleración ou de como teña a ben chamalo o mandamal de turno. O conto é que a torta revirou, e neste economicamente coitado 2008, padecer a síndrome post-vacacional vai ser cousa de privilexiados.

Deste xeito, se o petróleo e outras variabeis socioeconómicas non o amañan, as vacacións, no canto de deixarnos preparados para a volta ás xeiras laborais, o que van deixar vai ser “pre-parados”: o lecer como paso previo ao desemprego. Daquela, ou leva un nas vacacións a familia e maila piscina enchíbel á oficina para vixiar os seus garbanzos, ou a nova síndrome vai ser a “pre-vacacional”, coñecida entre o saber popular como “sálvese-quen-poida”.

06/09/2008

0'0 (0 votos)

valorar_registrado


Acceder Crear usuario

valorar_propios



valorar_valorado



¿Comentas?

comentarios_interesa guía de comentarios.


Acceder Crear usuario

co_explica





captcha

Cambiar por outro


co_pouco_html
co_etiquetas_html

Opcións

Buscar + información sobre





Publi


Galiciae
Rúa Salvadas, 27, Santiago · Tlfno: 981 55 25 30
Grupo El Progreso