Paralízase a ponencia

A reforma do voto emigrante, bloqueada


Etiquetas: PP, PSdeG, BNG, voto emigrante, eleccións, política

21/06/2007 - Eliana Martíns (Santiago)

Nin para diante nin para atrás: a reforma do voto emigrante non anda. O BNG di que non volve á ponencia parlamentaria pola pasividade de socialistas e populares, mentres que os outros din que sen nacionalistas non retoman a ponencia. A situación está moi tensa entre os cónxuxes do bipartito despois do que o BNG denunciase que hai un acordo entre PSdeG e PP para aproveitarse do delicioso pastel do voto emigrante.

O portavoz do grupo parlamentario do BNG, Carlos Aymerich, aseguraba que "PSOE e PP queren seguir traficando co voto emigrante" e que o seu partido "non vai deixar que o fagan impunemente". Por iso cren os nacionalistas que a ponencia foi parada, "pretenden que non se faga nada" para que se manteña a situación do sistema de votación dos emigrantes.

"Non queren entrar en determinados temas como a posibilidade de crear unha circunscripción para os emigrantes ou de limitar o dereito ao voto, nin que Galicia poida perder escanos no Congreso dos Deputados", dixo Aymerich, e acusounos de estar unicamente interesados en "seguir aproveitando os sufraxios no exterior".

Touriño pola súa parte pediulle a Aymerich que rectifique as súas acusacións, e insistiu en que a política non se fai "a base de quentóns". O bipartito non pasa precisamente polo seu mellor momento, de feito o presidente da Xunta non quixo valorar as declaracións de Aymerich, "se entro tería que dicir cousas demasiado grasas, non quero entrar". 

Voto en braille e no estranxeiro
Mentres tanto, onte aprobábase en Madrid unha modificación da Ley Orgánica do Réxime Electoral Xeral (LOREG) que permitirá ás persoas cegas exercer o seu dereito ao voto mediante o sistema braille. Unha reforma que probablemente se aplique nas próximas eleccións xerais de 2008, e que facilitará a posiblidade de votar ás persoas que se atopen no estranxeiro temporalmente entre a convocatoria do proceso electoral e a súa celebración.

Isto significa que a reforma que se ratificará o vindeiro xoves, facilitará o dereito ao voto de estudantes Erasmus, profesionais da flota pesqueira ou das Forzas Armadas. Tamén se aprobou outro cambio máis, que é o da publicitación da relación definitiva de seccións, mesas e locais en internet e non na prensa, como se facía ata agora. Unha modificación que supón un aforro de 2 millóns de euros.

Sobre esta reforma, o nacionalista Carlos Aymerich recoñeceu os efectos positivos da decisión adoptada no Congreso dos deputados, aínda que precisou que "esa vontade non chega para limpar a sobra de dúbida" que planea sobre o voto emigrante.

5'0 (1 votos)

Para valorar comentarios debes estar registrado.


Acceder Crear usuario

No puedes valorar tus propios comentarios.



Ya has valorado este comentario



¿Comentas?

Serán borrados los comentarios que contengan insultos y/o contenidos inadecuados.
Para cualquier duda, consulta la guía de comentarios.


Acceder Crear usuario

Puedes comentar sin tener que crear un usuario, pero es recomendable si quieres acceder a todas las funcionalidades de los comentarios (votaciones, karma, foto personalizada)





captcha

Cambiar por outro


Un poco de HTML está bien
Puedes usar algunas etiquetas HTML <a></a>, <b></b>, <s></s>, <u></u>, <i></i>