Gorxa Rouca
Francisco Campos e Luis Blasco, os ''favoritos para presidir RTVE''
11/05/2012 - Álvaro Sal
De Público.es: “Rajoy quere un xestor económico á fronte de RTVE, un profesional solvente con acreditada experiencia, apuntan desde Moncloa. E fontes próximas ao ente sinalan o ex director xeral da CRTVG e a Luis Blasco (Telefónica) como favoritos”. O citado dixital ve o galego Campos como a primeira opción.
¿Beiras ou Noriega á fronte do novo proxecto do nacionalismo galego?
Xosé Manuel Beiras aínda non ten decidido se lidera el o novo proxecto nacionalista ou “se opta
por apadriñar o seu delfín, o alcalde de Teo, Martiño Noriega”, di El Correo Gallego. Teresa Táboas sería a terceira vía. Mentres, unha enquisa dálles mellor resultado que ao BNG na Coruña e Ourense.
Dorribo non compareceu en Lugo para dicir onde ten algúns coches
O empresario lucense Jorge Dorribo, principal imputado na chamada operación Campeón, non
se presentou onte no xulgado número 2 de Lugo (Mercantil), no que fora citado para aclarar onde
están os coches que aínda non foron localizados do inventario de bens da farmacéutica Nupel.










