DIVULGACIÓN
Unha aula itinerante chega a Santiago para conmemorar o Día Internacional da Reciclaxe
15/05/2012 - Galiciaé LV
Tras facer un percorrido polas principais galegas, a aula educativa da Sociedade Galega do Medio Ambiente (SOGAMA) chega a Santiago para concluir a celebración do Día Internacional da Reciclaxe.
Este estudo itinerante, promovido baixo o lema Edúcaos na reciclaxe. Nas túas mans está o futuro de todos, permanecerá instalado a tarde de mañá, 16 de maio, de 16:00 a 21:00 horas, na Praza Roxa compostelá.
Sogama quere fomentar con este programa a concienciación sobre a reutilización e a reciclaxe nos máis novos en Galicia, centrándose en mellorar o papel do cidadán na recollida selectiva.
Na nosa comunidade os índices de recuperación de lixo permanecen anclados en torno ao 10% fronte ao 15% estatal e ao 25% europeo. Neste sentido, o plan autonómico de xestión de residuos urbanos 2010-2020 realizado pola entidade galega, prevé triplicar as porcentaxes de reutilización e reciclado ata o 30 por cento ao termno da súa vixencia, á vez que se estima reducir a produción de residuos nun 10 por cento e diminuír o vertido final ata o 24 por cento (fronte ao 53 por cento actual).
Non podes valorar os teus propios comentarios.
Só podes valorar o comentario unha vez.
Borraranse os comentarios que conteñan insultos e/ou contidos inadecuados.
Para calquera dúbida, consulta a guía de comentarios.










