CASAS DE LUXO
¿Queres coñecer a vivenda máis cara á venda na túa provincia?
15/05/2012 - Galiciaé LV
Idealista.com fai un repaso de todos os seus anuncios e preséntanos, por orde de prezo, as casas máis caras que están actualmente á venda en todas as provincias españolas. Así, en Galicia, con 6 millóns de euros podes mercar a casa máis cara da comunidade. Un palacio do 1908 situado nunha leira rianxeira de 25.000 metros cadrados protexidos por unha muralla con acceso directo á praia e a un embarcadoiro con dique.
A segunda vivenda galega máis luxosa do ranking véndese en Sanxenxo (Pontevedra). Por 3,5 millóns, conta con dúas construcións separadas con piscina e vistas ao mar.
Consulte os detalles das maiores xoias inmobiliarias de cada provincia española neste enlace .
Non podes valorar os teus propios comentarios.
Só podes valorar o comentario unha vez.
Borraranse os comentarios que conteñan insultos e/ou contidos inadecuados.
Para calquera dúbida, consulta a guía de comentarios.










