CONTAS / AUTONOMÍAS
O Estado sobe 4 décimas o déficit de 2011 polas desviacións
18/05/2012 - Axencias / Galiciaé LV
As desviacións no déficit final co que pecharon 2011 as comunidades de Madrid, Comunidade Valenciana, Andalucía e Castela e León provocou a revisión da cifra xeral do Estado do 8,5% ao 8,9%. MADRID admite que mentiu coas súas cifras e duplicou en 2011 o déficit previsto RIGOR ORZAMENTARIO. O Goberno controlará o déficit das comunidades cada mes VALENCIA e CASTELA E LEÓN tamén incumpren o déficit con 8 e 2 décimas, respectivamente Rubalcaba búrlase en Twitter: ''¿Pero non enganara Zapatero a Rajoy?''Información relacionada
Segundo Facenda, a desviación débese fundamentalmente ao aumento do déficit da Comunidade de Madrid e de Valencia, e en menor medida a Andalucía e Castela e León, que rexistraron en 2011 desequilibrios superiores aos inicialmente anunciados.
MADRID DÁ A GRAN SORPRESA
Madrid era a única autonomía que supostamente lograra o obxectivo de finalizar o exercicio cun déficit inferior ao 1,3% do PIB fixado para 2011, ao situalo nun 1,13%.
O conselleiro de Economía e Facenda, Percival Manglano, avanzou que finalmente a comunidade pechou cun 2,2% de déficit polo esborralle de ingresos pola recaída da economía (uns 2.000 millóns menos), o mantemento do seu gasto en servizos públicos prioritarios e a posta en marcha do plan de pago a provedores.
No caso da Comunidade Valenciana, o plan recolle un déficit en 2011 oito décimas superior ao comunicado inicialmente a Facenda e que se sitúa no 4,5% do PIB, debido á inclusión do plan autonómico de pago a provedores.
No plan de Castela e León tamén se cifrou finalmente o déficit autonómico en 2011 nun 2,59%, fronte ao provisional do 2,35% comunicado polo Goberno rexional.
PROBLEMÁTICA COA XUNTA
Tras facerse público, o documento de reequilibrio da Xunta provocou algunha confusión ao incluír o efecto das liquidacións negativas de anos anteriores, que non computan como déficit, polo que o Goberno galego ha reiterado que pechou cun déficit do 1,61% do PIB.
As comunidades comprometéronse onte no Consello de Política Fiscal co obxectivo do 1,5% de déficit para 2012 mediante a aprobación dos seus plans de reequilibrio -a excepción do de Asturias- que inclúen un aforro total de 18.349 millóns de euros.
Horas antes de que se publicasen integramente os plans de reequilibrio das comunidades, a vicepresidenta do Goberno fixera "unha valoración sumamente positiva" da reunión do máximo órgano de coordinación da actividade financeira entre o Goberno e as autonomías.
O GOBERNO CELEBRA O ''PACTO DE ESTADO'' DO CPFF
Na súa opinión, foi un "fito moi importante" para o Estado autonómico e supón un "auténtico pacto de Estado" ao coincidir todos os seus membros nun "obxectivo de nación: controlar o déficit para saír da crise".
O Goberno entende que este acordo das comunidades evidencia a viabilidade do Estado das autonomías, "que é capaz de marcarse obxectivos comúns" e de fortalecer a unidade dos seus membros para conseguir o control das contas públicas.
Coa aprobación destes plans de axuste por parte do CPFF, púxose en marcha o control mensual e trimestral das contas públicas previsto na lei de estabilidade orzamentaria.
Na reunión do Consello, os plans de Asturias e de Andalucía foron os puntos que suscitaron máis debate. O plan da Xunta saíu adiante finalmente a cambio de reservar unha partida de 300 millóns de euros por se non recibe esa cantidade dos fondos europeos como ten previsto.
ASTURIAS E ANDALUCÍA RESPONDEN
O presidente andaluz, José Antonio Griñán, tachou de ''inxusto" o trato recibido pola súa comunidade e avisou ao Goberno de que "pondo en dúbida" ás comunidades "non se fortalece o valor de España".
No caso de Asturias, esta comunidade dispón dun prazo de 15 días para presentar un novo plan económico-financeiro que contemple un axuste de 616 millóns de euros, tras non aprobarse o enviado polo Goberno en funcións.
No acordo de lexislatura subscrito polo PSOE e UPyD hoxe garántese o cumprimento destas esixencias de redución do déficit público.
Desde a Generalitat de Cataluña celebrouse a aprobación do seu plan porque recoñece a "existencia" da débeda de 211 millóns de euros pola liquidación de 2009 dos investimentos estatais previstas no Estatut, aínda que non se saldará ata que haxa dispoñibilidade financeira.
Tamén celebrou a aprobación do seu plan o xefe do Executivo murciano, Ramón Luís Valcárcel, que subliñou que fixeron as "cousas ben, con responsabilidade", pero tamén "con dor" para poder pasar do déficit do 4,33% do pasado ano ao 1,5% en 2012.
Na Rioxa só terán que axustar 75,4 millóns de euros, o 0,4% do total das autonomías, e en Estremadura tramitarase como proxecto de lei o seu plan porque o Goberno rexional quere sumar a EU e ao PSOE ao acordo.
Non podes valorar os teus propios comentarios.
Só podes valorar o comentario unha vez.
Borraranse os comentarios que conteñan insultos e/ou contidos inadecuados.
Para calquera dúbida, consulta a guía de comentarios.
#16 Por cicuta 19-05-2012 23:29
Ayer La Vanguardia le daba a Galicia el 6,3% de déficit,pero bueno sea el que sea,ahora se ve quien mentía, quien oculto las cuentas, de quien es la herencia para que Marianito diga de sus compañeros como en sus buenos tiempos.
SEÑOR VAYA TROPA. SI DON MARIANO VAYA TROPA.
ESPAÑA VA BIEN.¡¡VIVA EL VINO!!
#15 Por Outes 19-05-2012 17:51
A UE non se fia do goberno de España. O mesmo que dicia: CREANDO CONFIANZA. Qué lonxe quedan os tempos, cando hai cinco meses Rajoy, dicía.- El problema de España es usted señor Zapatero. Hoxe poderiamos dicir.- Rajoy-Rato-Bankia, son vostedes o problema dos españois e mesmo da Europa.
#13 Por graciasBugliot 19-05-2012 12:36
Bugliot comprendeo perfectamene o que significa o que quere o PP. Que sexamos uniformes, sin ideas e CARNE de CAÑON.
Gracias Bugliot por entender o final o sin sentido do PP, e por explicalo con isa alegoria, tan boa, pero ¡hala valiente ti diante que a min dame a risa!, pero perfectamte explicado si señor.
#11 Por tor 19-05-2012 12:19
#Monteporreiro
El partido PPandereta está aplicando una tijera directamente proporcional al desplome que va llevando al país. De momento en 5 meses de gobierno ni una medida de su programa ideológico (que no político) ha funcionado.Viven sumidos en un engaño continuo a los españoles como es de costumbre en el PP.
#9 Por Monteporreiro 19-05-2012 11:35
No se que protestáis, os recuerdo que el partido popular gano las elecciones afortunadamente, y su obligación es poner mano dura a la fiesta que teníais alguno, para mi esta siendo muy blando y cobarde, por no atreverse a cortar por lo sano en las administraciones, liberados sindicales, sindicatos, la iglesia,diputaciones,ayuntamientos,Senado,embajadas,sueldos y prebendas políticas, televisiones etc. Anda que no queda por meter la tijera.
#8 Por luada 19-05-2012 10:19
Son as mesmas contas que fai o señor alcalde de Lugo co superavit de 2011, pero das deudas de atras non fala, iso non é mentir, é contar verdades a medias, en 2011 houbo superavit pero das deudas atrasadas non se fala, logo para cadrar as contas hai que metelas e aí ven o desmadre, coas comunidades autónomas pas o mesmo, o ano pasado fixeron medianamente os deberes, pero o que ven de atras...
#3 Por maquillate 18-05-2012 22:24
"Por su parte, la Xunta de Galicia ha puntualizado a ELMUNDO.es que, aunque en efecto en el plan enviado a Hacienda aparece un déficit por encima del 4% en lugar del 1,61% anunciado, se trata de una cifra que incluye lo que adeuda al Estado por anticipos excesivos a cuenta pero que no debe ser computado. Por tanto, se reafirmaron en que su déficit en 2011 es del 1,61%." Agora que cada quen saque a suas propias conclusións.
#2 Por Alligator5 18-05-2012 22:11
y feijoo q alardeaba de déficit (q tiene narices) el otro dia... todavía habrá quién se lo crea!!! en cuanto pasen las elecciones sabremos las verdaderas cuentas de Galicia, por eso es fundamental para nosotros sacar al PP del poder... fundamental!!! o estos nos llevan al agujero de cabeza.












