Entrevista
Diego López: ''Todo futbolista quere xogar nun equipo tan grande como o Milan''
24/09/2008 - Jacobo Táboas. El Progreso
Despois de manter a cero a meta do seu equipo no campo do Manchester United, o gardameta de Paradela Diego López encara no Villarreal a que pode ser a tempada da súa confirmación na elite do fútbol español e europeo. Dono da portería do vixente subcampión de Liga, ostenta varios récords de imbatibilidade no equipo castellonense. Aínda que, iso si, xa cumpriu o seu soño de neno: xogar no Madrid, onde estivo 7 tempadas.
Pregunta: Acaba de disputar un partido da Champions League. A estas alturas da súa carreira, ¿acórdase dos seus inicios co balón en Paradela?
Resposta: Os meus recordos son moi bos. Como os de calquera neno: xogar cos amigos, ir ao colexio, estar coa familia... O que máis boto de menos, quizais, é non poder estar máis tempo cos meus pais, cos meus tíos, cos meus amigos e non gozar un pouco máis con eles.
P: E o CD Lugo, ¿bótao de menos?
R: No CD Lugo estiven sete anos, desde infantil ata o primeiro equipo. No Lugo foi onde empecei a vivir o que é o fútbol, a gozar de adestrar, de xogar, de coñecer compañeiros, de compartir moitísimas cousas. É aí cando empezas a notar a esencia que ten o fútbol. É unha etapa na que te forxas como persoa e como xogador. Foi unha época moi boa, lémbroa con moito cariño por toda a xente que, cando vou a Lugo, podo ver de novo e tomar algo con eles. Dá gusto aínda compartir cousas con compañeiros que tiveches hai tempo.
P: ¿Cal foi o momento máis especial da súa carreira?
R: Hai varios. A chamada do Real Madrid foi un momento marabilloso. Cando subín ao primeiro equipo, tamén; o subcampionato de Liga do ano pasado co Villarreal, o mesmo... Son todos grandes momentos, pero cada un vívese de maneira distinta.
P: ¿E o peor?
R: O segundo ano en Madrid cedéronme ao Alcorcón –de 2ª B– e non xoguei nada. En xeral, foi moi difícil chegar ata aquí, pero seguro que no futuro tamén vivirei momentos malos. O importante é saber levantarse e aprender.
P: Entendíase moi ben con Capello, ¿verdade?
R: Con el e cos seus axudantes tiven e manteño moi boa relación. Malia non xogar nada, sempre falaba moito conmigo, corrixíame e dábame ánimo. Algo que con outros compañeiros non facía. Isto axudoume a seguir loitando neste mundo.
P: Aínda que ten contrato co Villarreal, hai quen di que se podería ir ao Milan...
R: Algo houbo, pero tampouco sei demasiado, xa que eses asuntos os leva o meu representante. Todo futbolista quere xogar nun equipo de tan alto nivel pero, a día de hoxe, estou moi ben no Villarreal e xa veremos que pasa máis adiante.
P: ¿O pase ao Villarreal foi a confirmación como gran gardameta?
R: A xente do Villarreal apostou por min e iso hai que valoralo moitísimo, sobre todo cando non xogaches case ningún partido en Primeira División. Puxeron o diñeiro para que estivese aquí agora mesmo e sempre o terei en conta.
P: ¿Adaptouse mellor en Valencia que en Madrid?
R: Moi ben. Xa tiña 25 anos e aquí hai máis calidade de vida, outro clima, outra xente. Estou moi a gusto e, agora mesmo, non cambiaría por nada o que estou vivindo aquí.
P: A multiculturalidade, ao igual que na sociedade, é unha constante nos planteis dos equipos.
R: Así é. Compartir cousas con xogadores de países tan diversos como Estados Unidos e Turquía enriquécete como persoa. Aquí temos un especial bo ambiente, o cal é unha das claves do bo funcionamento dun vestiario.
Se non fose futbolista gustaríame estudar arquitectura
P: ¿Cal foi a súa mellor parada fóra do terreo de xogo?
R: A humildade, as miñas orixes, saber que son de onde son e que tiven sempre os mesmos amigos. Nese sentido, síntome moi orgulloso.
P: E, fóra do campo, ¿que despexaría de puños?
R: O racismo e a violencia é algo que non soporto. A nivel político, repúgname que haxa xente en España que non se sinta español e que queira separarse. Eu síntome español e galego, por suposto.
P: De non ser futbolista, ¿a que se dedicaría?
R: Teño dúas teorías: unha boa e outra menos boa [risas]. Estudaría Arquitectura, xa que era bo estudante, e a mala sería traballar co meu pai na construción, nas obras, aínda que estaría encantado.
P: E no plano sentimental, ¿cal foi o peor gol?
R: Tiven algúns problemas típicos de cando es mozo, aínda que tampouco son un maltratado da vida.
P: ¿Cales son os seus obxectivos agora?
R: Teño que seguir mellorando. Teño case 27 anos e espero gozar moitos máis anos desta profesión e oxalá poida facerme un oco na historia da miña terra, de Lugo e de Paradela. E así, os rapaces que veñen por detrás pódense fixar nalguén da vila e pensar que non é imposible e que se pode conseguir. Custoume moito chegar, cando estaba no Lugo. Ninguén pensaba que ía chegar a onde estou, pero, a base de coraxe, traballo, paciencia e humildade fun escalando. Ademais, contei co sempre necesario factor sorte. Quédame moito fútbol.
valorar_propios
valorar_valorado
#9 Por Naranjo 05-12-2008 15:22
Nalgún tempo fun o autor do comentario #4,non entendo o por qué de 'resucitala noticia'.O parecer NON SE LLE ARRINCARON OS COIROS o suficiente a este gran rapaz,que TRIUNFOU- a pesares se ter 'coma rival' o considerado O MELLOR DO MUNDO E DO MOMENTO coma é Casillas-.
Eu vexo alomenos VEXO MODESTIA en tódala entrevista,Xamais DÍ NADA QUE ALPORICE a algún porcoteixo 'Krato-Nazi',ou "Autoizadores" das prerrogativas de SENTIRSE OU SER GALEGO.E SI LLE PETA DE VIVIR EN GALICIA,Ou os 'EQUILIBRISTAS' da tolerancia,que entenden que só está ben DONDE ELES ERRAN.
#7 Por deportistolisto 26-09-2008 13:19
Podia haber estudiADO OU TRABALLADO NAS OBRAS CO PAI.
demostras a tua falta de intelixencia sentido comun e vas de sobrado. Arquitectura....xa xa, deixache todo polo futbol, danche a oprtunidade coa seleccion galega e como cobras vas, pero o maravilloso é madrid,,..
Vaite e non volvas que tes moitas gañas de irte .fora da galiza desagradecido, que logo te olvidas das orixes... MADRILEÑO. ESPAÑOL .educa ós teus fillos en MADRÍ. LOPez ni apelidos galegos tes, cipaio. españois FORA da galiza a rapiñar a outro lado.
#5 Por chorima 24-09-2008 21:04
Qué podo facer? Eu son galego e quero exercelo meu dereito a ser e vivir coma galego. Non me sinto identificado con nengún dos paradigmas do ser español.
Comprendo a túa repugnancia mais, ¿qué é para ti o racismo?
A pesares de todo saúdos.
Pdata: cecais, pensando así, deberías repensar a túa participación na Selección Galega: é un contrasentido que, sabendo a túa opinión, nos pode molestar, non repugnar, a moitos.
#4 Por Oqueeudija 24-09-2008 20:09
# 1,2 y 3.-¿Ustedes han leído la entrevista?
Formularé la pregunta de otra manera.-¿ustedes entienden lo que leen?.
¡'Excelente' el concepto que tienen Vds. de tolerancia.El 90% de los electores gallegos DEMUESTRAN QUE NO SO SEPARTISTAS NI NACIONALISTAS.
Entiendo que diego López,además de un excelente portero de fútbol,tiene otra virtud propia de los grandes:LA HUMILDAD y otraq que es la EDUCACIÓN.
Tengan un buen dia,después de una noche cabrona.
#3 Por viriato 24-09-2008 18:47
Amigo con esa declaracion haces poco , para que NO haya gente que quiera separarse,
Osea que para ti un nacionalista Gallego del BNG te da repugnancia no?? pues que pena, porque tu solo das pena , ademas de ser bastante primate y corto de cerebro, tienes suerte , no te pagan por pensar.
Solo eres un nuevo rico.pero hortera.







