O Executivo asegura que a poxa das entidades intervidas segue adiante


Etiquetas: entidades intervidas, poxa, banca

25/05/2012 - Galiciaé LV / Axencias

A vicepresidenta do Goberno, Soraya Sáenz de Santamaría, defendeu hoxe que a poxa das entidades financeiras participadas polo Estado e que aínda non foron vendidas, como CatalunyaCaixa e Banco de Valencia, "segue adiante".

Nos últimos días especulouse coa posibilidade de que se suspendan as poxas, á luz do escaso interese que hai entre os posibles compradores tras o endurecemento das provisións inmobiliarias.

Se finalmente non saen a poxa estas dúas entidades nin Novagalicia, a terceira entidade nacionalizada, o Goberno sopesa crear con todas elas un gran banco publico, segundo fontes financeiras.

Durante a rolda de prensa posterior ao Consello de Ministros, Sáenz de Santamaría recoñeceu que se barallan "distintas alternativas" para o futuro destas entidades, co que non descarta a posibilidade de crear un banco público con elas.

O Goberno tomará "a mellor solución e a máis rendible", é dicir, "a que menos custe" aos contribuíntes, aínda que insistiu en que o obxectivo é "devolver a todas esas entidades á normal actividade privada".

En calquera caso, as dúas poxas que hai en marcha, a do Banco de Valencia e CatalunyaCaixa "seguen adiante", dixo.

Por outra banda, Sáenz de Santamaría volveu a defender que Bankia é unha entidade "forte e con futuro" que conta "co respaldo do Estado español".

A vicepresidenta rexeitou valorar o volume de axudas públicas que esta tarde vai pedir o consello de administración de Bankia -que, segundo algunhas fontes, superarían os 15.000 millóns de euros- aínda que reiterou que "o Goberno xa dixo que o Estado vai dar "apoio" ao banco.

En calquera caso, precisou que se tratará de "préstamos" que darán ao Estado dereito a tomar "decisións" na entidade, co obxectivo de poder pola venda e recuperar o investimento de maneira que "custe o menor diñeiro posible".

Ademais, sinalou que o plan de saneamento que presenten os directivos de Bankia "debe ser analizado polo Fondo de Reestruturación Ordenada Bancaria (FROB) e o Banco de España".

0'0 (0 votos)

Para valorar comentarios debes estar rexistrado.


Acceder Crear usuario

Non podes valorar os teus propios comentarios.



Só podes valorar o comentario unha vez.



¿Comentas?

Borraranse os comentarios que conteñan insultos e/ou contidos inadecuados.
Para calquera dúbida, consulta a guía de comentarios.


Acceder Crear usuario

Podes comentar sen ter que crear un usuario, pero é recomendable se queres acceder a todas as funcionalidades dos comentarios (votacións, karma, foto personalizada...)





captcha

Cambiar por outro


Un pouco de HTML está ben
Podes usar algunhas etiquetas HTML <a></a>, <b></b>, <s></s>, <u></u>, <i></i>