O Dépor volve ser de Primeira
27/05/2012 - Galiciaé LV / Axencias
Información relacionada
REACCIÓNS: Xisco, Riki, Guardado, Lassad e Valerón, comentan o partido do ascenso
CRÓNICA / CELTA. A un só punto de volver a Primeira División (1-2)
OLTRA, ''En Tenerife gocei un ascenso e aquí sufrín un ascenso''
Feijóo felicita ao Deportivo e agarda o ascenso do Celta para pechar un ano ''histórico''
CRÓNICA DUN PARTIDO PARA A HISTORIA
O Deportivo da Coruña atopou en Xisco o seu talismán no final de tempada, o dianteiro que apenas dera sinais de vida ao longo do curso polas lesións, pero que apareceu no momento decisivo para anotar os dous goles que desequilibraron a favor dos coruñeses o partido do pasado mércores ante o Nàstic (1-2) e o de hoxe ante o Huesca (2-1) e que certificaron o regreso á Primeira División española.
Cunha dose de sufrimento, pero con alegría final, como case sempre durante o seu curto camiño en Segunda, impecable a nivel de resultados, o Deportivo sacou a cabeza do inferno cunha remontada ante os oscenses, que se adiantaron no marcador pasada a media hora de xogo, pero que non puideron co líder a pesar de que intentaron augarlle a festa ata o último suspiro.
Co asubío final, a festa estalou no abarrotado estadio de Riazor, a afección quedou nos seus asentos, non invadiu o campo, e o campión de Segunda comezou a celebración do seu regreso a Primeira.
O Deportivo, por primeira vez na tempada, dependía só do seu resultado para ascender, non tiña a maxia de Juan Carlos Valerón, titular en 37 partidos da tempada, e buscou chegar á meta coa pegada de Lassad e Riki e menos elaboración.
Con ambientazo en Riazor e a fonte de Catro Camiños agardando a celebración do ascenso, foi o Huesca o primeiro en asomarse á área contraria cun centro de Núñez que cabeceou fóra Omar.
O portugués Bruno Gama e o mexicano Andrés Guardado pisaron o acelerador do Deportivo nas bandas no arranque do encontro, pero ao líder faltoulle acerto no remate.
Nin Riki, nun man a man que tapou ben Luis García, nin Bruno Gama, cun pésimo remate a centro de Guardado, nin o propio xogador mexicano nun disparo co interior desde a banda dereita, puideron bater o Huesca.
Os coruñeses baixaron o ritmo e os oscenses aproveitárono para ter máis o balón e para intimidar aos de Oltra tras un erro do medio do campo e a defensa que aproveitou Núñez para avanzar metros, chegar á área e picar o esférico con clase por encima de Aranzubia.
Co marcador en contra, a bancada de Riazor comezou a pedir intensidade e carácter aos seus xogadores e Riki rozou o empate cun remate de cabeza a centro de Lassad que sacou Luis García.
O Huesca respondeu cun contragolpe que non soubo concretar Carlos Lázaro para alivio do deportivismo.
O Deportivo estaba medio aparvado, pero se levantou cun centro do paraguaio Claudio Morel que Riki rematou no primeiro pau a falta de cinco minutos para o descanso.
Coas baterías recargadas, os coruñeses empuxaron na continuación, pero non tiveron o premio do gol nun disparo seco de Riki que desviou Luis García e o Huesca puido castigarlos cunha acción persoal de Omar, que se desfixo con facilidade de Manuel Pablo antes de enviar o balón á dereita de Aranzubia.
Avanzaba o reloxo, non chegaba o gol do ascenso e Oltra, a falta de 23 minutos, apostou polo dianteiro que o mércores lle deu o triunfo ao seu equipo no minuto 94, Xisco, para tratar de que repetise a fazaña.
E o balear, nunha tempada gris con final feliz, non defraudou e tres minutos bastáronlle para asomarse dúas veces á área e anotar na segunda, na que logrou conectar coa cabeza un centro de Bruno Gama.
Co gol da remontada, comezou a festa no estadio de Riazor, mentres Oltra, centrado no partido, tratou de amarrar o resultado coa entrada de Borja, que sumou contención ao medio do campo.
O Deportivo acariñaba o ascenso e non estaba disposto a deixalo escapar ante o Huesca, que tivo o balón e buscou o empate ata o final, pero non puido evitar que os coruñeses, un ano despois, regresasen a Primeira División.
- Ficha técnica:
2 - Deportivo de La Coruña: Aranzubia; Manuel Pablo, Colotto, Aythami, Morel; Bruno Gama (Laure; min.89), Álex Bergantiños, Juan Domínguez, Guardado; Lassad (Xisco; min.67) e Riki (Borja; min.74).
1 - Huesca: Luis García; Rafael Sastre, Corona, Luis Helguera, Llamas (Tariq; min.86); Núñez, Lluís Sastre, Lázaro (Mario Rosas; min.83), Omar; Jorge Larena (Molina; min.65) e Roberto.
Goles: 0-1; min.33, Núñez. 1-1; min.40, Riki. 2-1; min.70, Xisco.
Árbitro: Arias López. Mostrou amarela a Colotto (min.53) e Xisco (min.70) por parte do Deportivo e a Omar (min.63)e Roberto Sastre (minl.72), por parte do Huesca.
Incidencias: Encontro correspondente á cuadraxésimo primeira xornada de Segunda División disputado no estadio municipal de Riazor, que completou o aforo (34.600 espectadores).
Non podes valorar os teus propios comentarios.
Só podes valorar o comentario unha vez.
Borraranse os comentarios que conteñan insultos e/ou contidos inadecuados.
Para calquera dúbida, consulta a guía de comentarios.
#15 Por DeporSI 28-05-2012 14:22
SiendO simpatizante del depor lo que deseo ahora es q nos acompañe el celta en primera,asi tendremos 2 veces por año una gran fiesta futbolista en galicia
Algunos comentarios mezclan deporte con politica y eso es de personajes algo sospechosos, diria yo rancios en sus comentarios
Pero como estamos en libertdad de expresion todo cave verdad?
Animo Depor ahora se vera lo que haces en primera, con la plantilla q tienes desde luego poco podras hacer,SUERTE
#11 Por ForzaDepor 28-05-2012 01:11
Ainda que se sofríu, agora estoupamos de ledicia. O descenso non foi un "fin de ciclo" senon un paréntese. A mellor nova é a resposta fermosa da afección deportivista tralo descenso, foi a afección quen devolveu a Primeira unha nave que facía augas. Ao #3 Celtista#: graciñas pola tua felicitación e deportividade, ogallá a vindeira xornada nos fagades xa compañía na Primeira. ¡¡¡Ala Lugo e Forza Depor!!!
#4 Por mamodemo 27-05-2012 22:09
Bueno, como se soe dicir, só fixo falta o primeiro punto de partido.
Ves como o Deportivo tamén podía ascender? Machiño, Halamidrí, asustácheme o outro día co de que o Celta era o único equipo galego que podía ascender. Xa me parecía a min raro.
Veña, que este ano suben os dous directamente.
#3 Por Celtista 27-05-2012 22:01
Sendo eu seguidor do Celta quero dar os meus Parabéns a todos os deportivistas, polo ascenso acadado, agardo que a próxima seman poda disfrutar eu, como de seguro estan a disfrutar os do DEPORTIVO, iso si cando nós enfrentemos só apoiarei a un equipo FORZA CELTA.












