IDA E VOLTA

O compromiso


Etiquetas: O compromiso, ida e volta, Carlos Macía, opinión

28/05/2012 - Carlos Macía

Foi o final perfecto para o ascenso do compromiso. Cun Riazor engalanado no que os seareiros acabaron enxalzando os seus heroes; xogadores que 371 días despois trocaron as bágoas daquel dramático descenso ante o Valencia pola ledicia do deber cumprido, enmendando un erro que nunca debeu ocorrer.
 
Naquel mal trance de 2011, o doado para os Guardado, Riki, Colotto ou Aranzubia sería deixar A Coruña e seguir en Primeira: non é fácil para un futbolista desta linaxe dixerir que terás que xogar en Alcoi, Guadalaxara, Huesca ou Alcorcón. Porén, ese compromiso era inquebrantable e foi esa fidelidade a un escudo e a unha afección a gran clave do éxito.
 
Só foi un ano de calvario; un ano de inferno que non deixou fisuras na entidade e si serviu para fortalecer o vínculo entre equipo e afección. Cando o equipo sufría na elite Riazor apenas alcanzaba media entrada. Consumado o descenso, Riazor converteuse nun fortín, un coliseo que tremía con 30.000 gorxas e que sempre levou en volandas os seus.
 
O Deportivo retorna a Primeira cunha Liga sobresaínte e de récord nos seus números –88 puntos e 28 vitorias–; e cun xogo máis resultadista que brillante; máis efectivo que preciosista. Ninguén dixera que ía ser doado e desde logo non o foi. O Deportivo sufriu ao comezo, tivo baixóns a domicilio, sufriu en demasía neste mes de maio; pero con oficio e coa sorte do campión en momentos cruciais soubo sortear as adversidades.
 
Un campión en maiúsculas que tivo en Xisco o seu elixido. O mallorquín sufriu a suplencia; os goles de Riki e Lassad apenas lle deixaron minutos; pero o mércores en Tarragona obrou o milagre cando moitos maldicían o tropezo e onte, cando só levaba 4 minutos no campo, marcou o gol do triunfo ante o Huesca; un gol de Primeira, un gol que converte o Dépor de Oltra en campión da Segunda.
 
Só queda que o Celta remate a faena en Balaídos co Córdoba. O empate chega para acompañar o Deportivo. Oxalá Vigo tamén se tiña de celeste. Desde logo, por fútbol e ilusión, tamén o merecen. 
0'0 (0 votos)

valorar_registrado


Acceder Crear usuario

valorar_propios



valorar_valorado



¿Comentas?

comentarios_interesa guía de comentarios.


Acceder Crear usuario

co_explica





captcha

Cambiar por outro


co_pouco_html
co_etiquetas_html