Literatura

Marcelino Fernández Mallo trenza o normal e o marxinal na súa última novela


Etiquetas: literatura

29/09/2008 - Anxa Correa

O economista Marcelino Fernández Mallo reflicte no seu último libro, A trenza, "o preto que se atopa a normalidade da marxinalidade". Para iso recorre á cadea, un espazo no que conflúen distintos personaxes "condicionados polas circunstancias" ata tecer unha novela na que se cruzan as traxectorias vitais truncadas por un destino que as empurra á marxinalidade.

Así o explicou o autor, que este luns presenta a obra publicada pola Editorial Ézaro na libraría Couceiro de Santiago, acompañado polo secretario xeral de Relacións Institucionais, Xoán Antón Pérez Lema.

A orixe deste relato ten que ver co achegamento de Fernández Mallo á ONG de axuda a presidiarias Horizontes Abertos. "Alí coñecín o caso dunha muller moi noviña que remata na cadea pola súa relación cun home metido nas drogas", explica. Esa imaxe dunha "rapaza moi normal nun lugar marxinal" foi a que inspirou o relato.

Así introduce na historia unha azafata de congresos convertida en presa dentro dunha narración máis ampla de personaxes "condicionados polas circunstancias". Así, atópase na cadea un funcionario da Xunta que ve frustrado o seu ideal de familia típica, e a súa muller, unha avogada dunha ONG cun espírito solidario que leva a conflitos co seu marido. Completa a trenza o Padre Marcos, que tenta axudar á presidiaria e á avogada.

A trenza transcorre todo o tempo en escenarios pechados que simbolizan a "presión desas circunstancias, que nos reclúen", segundo palabras do autor. O cárcere, o hospicio, o hospital militar e o manicomio dan conta da presenza da falta de liberdade na sociedade actual. Dentro deste espazo pechado, o módulo de nais do cárcere preséntase como "unha illa de esperanza". "Nesta obra, o cárcere non é o lugar cru e salvaxe que se adoita describir, senón un recinto onde remata recluída a xente normal", engade.

Traxectoria
Fernández Mallo ten publicado un ensaio, Da peseta ao euro e un libro de relatos, titulado Cabilia, e xa está a preparar outra novela sobre "os novos caciques", na que procurará "desenmascarar esas segundas xeracións de empresarios" xurdidos dunha "sociedade opulenta" que "aproveitan a posición que acadaron sen merecelo".

Con esta válvula de escape literaria, o economista pretende "cubrir un déficit" na súa actividade, derivada da "falta da humanidade da economía", asegura tras lembrar a vertente social da economía: "o seu obxectivo é obter o máximo beneficio para as persoas, pero esa función desaparece moitas veces", matiza.

3'3 (3 votos)

Para valorar comentarios debes estar rexistrado.


Acceder Crear usuario

Non podes valorar os teus propios comentarios.



Só podes valorar o comentario unha vez.



¿Comentas?

Interésanos a túa opinión, pero 'con sentidiño'. Nada de insultos nin descalificacións.
Borraranse todos os comentarios que, con criterio subxetivo como en toda web, se consideren inadecuados.
E lembra, non lles deas de comer aos trolls...
Para calquera dúbida, consulta a guía de comentarios.


Acceder Crear usuario

Podes comentar sen ter que crear un usuario, pero é recomendable se queres acceder a todas as funcionalidades dos comentarios (votacións, karma, foto personalizada...)





captcha

Cambiar por outro


Un pouco de HTML está ben
Podes usar algunhas etiquetas HTML <a></a>, <b></b>, <s></s>, <u></u>, <i></i>

Fotos