IDA E VOLTA

Cinco claves


Etiquetas: opinión, Carlos Macía, selección, fútbol, Eurocopa 2012

15/06/2012 - Carlos Macía

España disipou as dúbidas e mostrou as súas credenciais denciais como defensora do título. Partido para recuperar autoestima e coller confianza ante unha Irlanda moi feble.
 
1. A APOSTA POR TORRES
Criticado ata a saciedade polos minutos que xogou contra Italia, Del Bosque non tremeu en darlle onte a titularidade. E acertou. Abriu o partido cun gol de oportunista e fixo o terceiro tras unha das súas clásicas cabalgadas. Nin onte era un dianteiro pésimo nin hoxe é un superclase. Pero se Torres funciona, España terá moito avanzado. Del Bosque sábeo.
 
2. OS CARRILEIROS
A es casa pegada ofensiva de Irlanda permitiu que Arbeloa e Alba actuaran como carrileiros. Na maioría dos casos xogaron por diante dos centrocampistas. Todo unha declaración de intencións. España ancheou o campo, creou superioridades e volveu tolos os irlandeses correndo detrás do balón. Así chegaron os 21 disparos de España entre os tres paus.

3. O GOL DE SILVA
Por momentos semellaba que o mundo se detiña… pero non. Silva agardou, amagou, sentou os tres centrais irlandeses e cun toque sutil marcou. Sen calidade e talento é imposible ter o temple necesario para definir este tipo de situacións. No Mundial foi relegado a un segundo plano. Agora é imprescindible.
 
4. A AFECCIÓN IRLANDESA
O gran valor de Irlanda non estaba no terreo de xogo, senón na bancada; con eses vinte mil
seareiros que non cesaron de cantar e animar un equipo humillado no terreo de xogo. Non me estraña que os greens correran a máis non poder.
 
5. O CAMPO, MELLOR REGADO
Ben é certo que a inferioridade do rival permitía facer algunhas frorituras, pero por momentos o xogo de España semellaba o típico rondo dos adestramentos. Tocar e tocar, sen parar, sen descanso. Onte o balón correu; o céspede semellaba máis curto e a auga que caeu sobre Gdansk foi ben recibida.
0'0 (0 votos)

valorar_registrado


Acceder Crear usuario

valorar_propios



valorar_valorado



¿Comentas?

comentarios_interesa guía de comentarios.


Acceder Crear usuario

co_explica





captcha

Cambiar por outro


co_pouco_html
co_etiquetas_html