Ollo Mol

3.500 persoas poden estar enganadas


Etiquetas: Jaureguizar, Nobel, literatura, premios

06/10/2008 - Jaureguizar

A única Casa da Bolsa que non vai padecer a desaceleración solbesana vai ser a de Estocolmo. O edificio, en tempos financieiro, ficou para as cotizacións dos candidatos a Premio Nobel de Literatura. Eu sigo pensando en John Updike para ese recoñecemento, porque tardaremos en ter un novelista dese talento; en Murakami, pola insularidade da súa obra, e en Manuel Rivas, por ser galego de calidade. Mais iso non é exactamente o que pensan en Ladbrokes que vai acontecer o xoves.

Ladbrokes non é un comité de expertos en literatura, nin sequera un lobby que ronde os integrantes da Academia Sueca para indicarlles o sentido do seu voto. É unha casa de apostas inglesa na que a xente mesmo xoga cartos a galgos que non son podencos que a quen gaña as norteamericanas. Todos os anos por estas datas consulto o Ladbrokes para saber a favor de quen se apostan patrimonios. O malo é que os académicos suecos non teñen en conta as hipotecas ‘suprime’ nin os plans rescatadores de Bush e elixen algún poeta xamaicano, ou sexa, occidentalmente exótico.

O mellor clasificado nas listaxes de Ladbrokes é Claudio Magris, seguido, como acontece nos derradeiros anos, por Adonis e Amos Oz. Os seguintes na clasificación son Joyce Carol Oates, Philip Roth e Don DeLillo. Estes tres son norteamericanos.

A literatura escrita en norteamérica non gaña un Nobel desde que a Academia Sueca acordou do Holocausto Afromericano e premiou a Toni Morrison, en 1993. Daquela Horace Engdahl non era secretario perpetuo da institución, porque, dende que o é, non hai nin auga para a outra banda do Atlántico. O propio Engdahl vén de facelo patente nunhas declaracións defendendo,con firmeza, que «os escritores estadounidenses son demasiado sensibles ás propias tendencias da súa cultura de masas, que arrrastra canda si a calidade do seu traballo. Estados Unidos está demasiado aillado. Non traducen abondo e non participan no gran diálogo da literatura». Tras proclamar iso, soamente lle faltaba unha saída eurocéntrica, aproveitando que a nosa moeda é máis aceptadano mundo có dólar: «Europa é o centro do mundo literario... non os Estados Unidos». Eu non sabería fixar o nivel concreto no que Europa é o centro, pero penso que non lle falta razón a este provocador socialdemócrata.

Entre mentres, no país asistiremos ao noso Ladbrokes particular, cunha ovación e volta ao ruedo para que Ferrín sexa o noso candidato ao Nobel de Literatura, malia sabermos todos que ese ruedo non ten portas de saída e que, o único que cotiza algo en Europa, é Rivas. O ano pasado foron 3.500 as persoas que asinaron a favor da proposta de Ferrín. Pensarán vostedes e algúns publicistas que 3.500 persoas non poden enganarse. Eu penso que si.

4'8 (4 votos)

Para valorar comentarios debes estar registrado.


Acceder Crear usuario

No puedes valorar tus propios comentarios.



Ya has valorado este comentario



¿Comentas?

Nos interesa tu opinión, pero con 'sentido'. Nada de insultos ni descalificaciones.
Se borrarán todos los comentarios que, con criterio subjetivo como en toda web, se consideren inadecuados.
Y recuerda, no des de comer a los trolls...
Para cualquier duda, consulta la guía de comentarios.


Acceder Crear usuario

Puedes comentar sin tener que crear un usuario, pero es recomendable si quieres acceder a todas las funcionalidades de los comentarios (votaciones, karma, foto personalizada





captcha

Cambiar por outro


Un poco de HTML está bien
Puedes usar algunas etiquetas HTML <a></a>, <b></b>, <s></s>, <u></u>, <i></i>