TRIATLÓN SERIES MUNDIAIS
Gómez Noya, terceiro en Kitzbuehel tras os irmáns Bronwlee
24/06/2012 -
Os irmáns Alistair e Jonathan Bronwlee puideron co español Javier Gómez Noya na proba das Series Mundiais de tríatlon disputada hoxe en Kitzbuehel (Austria).
Os dous irmáns británicos saíron airosos nesta primeira toma de contacto entre os tres ás portas practicamente dos Xogos de Londres 2012, onde apuntan a ser os grandes protagonistas na loita polo podio.
Alistair cubriu os 1.500 metros de natación, 40 quilómetros de bicicleta e os dez de carreira a pé en 1h50:13, cunha vantaxe de 49 segundos sobre o seu irmán Jonathan e de 1:05 sobre Gómez Noya.
O triatleta galego estivo parado dez días en maio por culpa da febre, o que lle impediu estar na proba de Madrid, e tras reaparecer na liga Nacional de Clubs, en Canet d'en Berenguer (Valencia) con triunfo, tivo en Kitbuehel un ensaio de primeira magnitude para ver como evolucionan as súas sensacións ante a cita olímpica.
O español loitou ao máximo pero cando foi consciente de que o ritmo dos británicos era imposible de seguir mantívose frío para aguantar aos rusos Alexander Bryukhankov e Dmitry Polyanskiy, que lideran o xeneral das Series Mundiais, e rematalos ao final para poder subir ao podio.
- Clasificación:
.1. Alistair Brownlee (GBR) 1h50:13
.2. Jonathan Brownlee (GBR) 1h51:02
.3. Javier Gómez Noya (ESP) 1h51:18
.4. Alexander Bryukhankov (RUS) 1h51:27
.5. Dmitry Polyanskiy (RUS) 1h51:41
.6. Steffen Justus (GER) 1h52:01
.7. Laurent Vidal (FRA) 1h52:06
.8. Tony Moulai (FRA) 1h52:07
.9. David McNamee (GBR) 1h52:10
10. Tony Dodds (NZL) 1h52:19
23. Leonardo Chacon (CRC) 1h54:20
34. Reinaldo Colucci (BRA) 1h57:45
35. Mario Mola (ESP) 1h58:09
38. Rodrigo Nogueras (ARG) 1h58:36
- Xeneral das Series Mundiais:
.1. Alexander Bryukhankov (RUS) 2.699 puntos
.2. Dmitry Polyanskiy (RUS) 2.385
.3. Jonathan Brownlee (GBR) 2.340
.4. Sven Riederer (SUI) 1.735
.5. Ivan Vasiliev (RUS) 1.682
11. Mario Mola (ESP) 1.118
23. José Miguel Pérez (ESP) 773
25. Javier Gómez Noya (ESP) 685
Non podes valorar os teus propios comentarios.
Só podes valorar o comentario unha vez.
Borraranse os comentarios que conteñan insultos e/ou contidos inadecuados.
Para calquera dúbida, consulta a guía de comentarios.










