A revista Retranca celebrará o vindeiro 31 de outubro, coincidindo coa noite de Samaín, o seu primeiro cabodano, xa que segundo os responsables da publicación humorística galega, a revista "naceu morta".
O acto será en Pontevedra, no Café Moderno da Fundación Caixa Galicia ás 20 horas.
Un 'posado' para o novo número
Nesta festa desvelarase a capa do número 12 que, avanzan, ten como protagonista a un "famoso político galego asentado en Madrid que fai un posado para deleite dos lectores".
Ese mesmo día ás 12 horas inaugurarase a sede da Editorial Retranca, na rúa Peregrina número 29.