Manifestación en Compostela
O Sindicato de Traballadores do Ensino, contra a discriminación sexista na escola
08/10/2008 - AGN
O Sindicato de Traballadoras e Traballadores do Ensino en Galiza (STEG) protagonizou este mércores unha concentración en Santiago, ante a Consellería de Educación, para denunciar prácticas de segregación por razóns de sexo en cinco colexios concertados galegos. Na protesta participaron ao redor dunha vintena de persoas, que pediron a retirada do financiamento público a estes centros.
Información relacionada
O responsable de Acción sindical da central reforzou a súa argumentación sinalando que o propio Decreto de admisión do alumnado, de marzo de 2007, sinala textualmente no seu artigo 2º.4 que ''en ningún caso haberá discriminación na admisión por cuestións de sexo'' do alumnado.
Ademais, a Lei Orgánica de Educación (LOE) inclúe este suposto, asegurou Cabido, primando as subvencións para os colexios que cumpren o réxime de coeducación.
Unha norma que, segundo denuncia, non cumpren cinco centros que gozan dos beneficios do concerto público, tal como son As Acacias (Vigo), Montespiño (A Coruña) e Peñarredonda (A Coruña) , femininos os dous primeiros e masculino o último, todos pertencentes a Fomento de Centros de Ensino e vinculados ao Opus Dei.
Montecastelo, colexio masculino, e Aloya, feminino, incumprirían tamén as normas dispostas pola lei orgánica
Vontade política
Xosé Cabido afirmou que a retirada destas subvencións é unha cuestión exclusivamente de ''vontade política'', polo que acusou á Administración educativa de non facer ''unha auténtica política progresista e de cambio''.
No entanto, explicou que o sindicato está en contra ''calquera tipo de concerto'', mentres se seguen concedendo ''centos de miles de euros'', dixo, a estes cinco centros, cando existen outros do ensino público no ''falta profesorado''.
Ante esta situación, e ao non ter unha resposta de Educación ás súas demandas, Xosé Cabido sinalou que o sindicato seguirá desenvolvendo a campaña de protesta, na que se inclúen accións xudiciais contra a orde pola que se subscriben ou modifican os concertos educativos. STEG iniciou así mesmo a recollida de firmas a través da páxina web do sindicato contra a concesión destas subvencións.
Pola súa banda, o sindicato CIG-ENSINO presentou ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) un contencioso administrativo en contra da orde da Consellería de Educación pola que se subscriben e modifícanse os concertos educativos cos centros docentes privados.
Non podes valorar os teus propios comentarios.
Só podes valorar o comentario unha vez.
¿Comentas?
Interésanos a túa opinión, pero 'con sentidiño'. Nada de insultos nin descalificacións.
Borraranse todos os comentarios que, con criterio subxetivo como en toda web, se consideren inadecuados.
E lembra, non lles deas de comer aos trolls...
Para calquera dúbida, consulta a guía de comentarios.
Fotos
Membros de STEG ena manifestación de Santiago (Foto: Pepe Ferrín/AGN)





