Xuízo contra Ugio Caamanho e Giana Rodrigues

O mozo independentista acusado de colocar a bomba en Caixa Galicia recoñece os feitos


Etiquetas: Xustiza, independentismo, Santiago

03/11/2008 - Galiciae

Ugio Caamanho, o mozo acusado da colocación dun artefacto explosivo na oficina principal de Caixa Galicia en Santiago, recoñeceu a súa participación nos feitos. Xunto á outra acusada, Giana Rodrigues Gomes, declarou este luns ante o xuíz da Audiencia Nacional.

Caamanho dixo ser o autor da colocación do artefacto, asi como non ter intención "en absoluto" de causar danos a persoas. Proba diso é a mensaxe de 'aviso' que deixou na maleta que portaba o explosivo, segundo declarou o mozo.

Asi mesmo, o mozo lembrou que avisou á policía dos feitos unha vez que foi detido, inmediatamente logo da colocación do artefacto.

Pola súa banda, Giana Rodrigues declarouse inocente. Dixo que se atopara co mozo na rúa e que ficou con el escasos minutos, o tempo xusto para saudarse, xa que eran vellos amigos. Tamén indicou que as roupas de Caamanho e o seu nerviosismo levantaron as súas sospeitas.

39 anos de cárcere
A Audiencia Nacional xulgará os días 3 e 4 de novembro aos dous mozos independentistas, como supostos responsables da colocación do explosivo na sede de Caixa Galicia en Santiago o pasado 23 de xullo de 2005.

A Fiscalía pide 39 anos de cárcere para os dous detidos, a razón de 18 para Gomes e 21 para Caamanho polos delitos de danos de carácter terrorista, falsificación de documentos e polo roubo dun vehículo.

O mozo afronta unha petición maior de cárcere ao estar acusado de falsificar documentos, xa que portaba documentos do vehículo e un DNI falso. Con todo, alegou no seu favor que se identificou desde o primeiro momento co seu nome verdadeiro.

Campaña de solidariedade
O colectivo Ceivar preparou unha "intensa" campaña informativa e de denuncia a nivel nacional. Ademais, mobilizará autobuses para acudir ao xuízo a Madrid en sinal de "solidariedade" cos dous presos independentistas.

Os mozos ingresaron en prisión o 26 de xullo, tres días despois de que fosen detidos tras colocar unha cacerola con tres quilos de explosivo ante a sede da caixa galega.

5'0 (2 votos)

Para valorar comentarios debes estar rexistrado.


Acceder Crear usuario

Non podes valorar os teus propios comentarios.



Só podes valorar o comentario unha vez.



14 comentarios

Interésanos a túa opinión, pero 'con sentidiño'. Nada de insultos nin descalificacións.
Borraranse todos os comentarios que, con criterio subxetivo como en toda web, se consideren inadecuados.
E lembra, non lles deas de comer aos trolls...
Para calquera dúbida, consulta a guía de comentarios.


#14 Por xabier 05-11-2008 20:48

Normal

a mágoa e que para alguns o único xeito de que podan ser escoitados e recurrindo a brutalidade. Moitos son os responsables dista situación, ser idependentista é un dereito igual que o ser monárquico ou republícano... non confundades independentista con terrorista... non, non son a mesma persona, certo que non... nun estado que ilegaliza as ideas e lóxico e natural que estas se volvan contra el... non se pode defender as actuación armadas... pero sede sensatos, non deixemos que nos mediaticen...
os actos de ugio e giana... (sen pretender xuzgarlos) corresponderian con calquiera acto da kaleborroka do pais basco... e que eu saiba en ningun momento se pediron para os detidos penas semelhantes!!!! penso, dende a minha...

a mágoa e que para alguns o único xeito de que podan ser escoitados e recurrindo a brutalidade. Moitos son os responsables dista situación, ser idependentista é un dereito igual que o ser monárquico ou republícano... non confundades independentista con terrorista... non, non son a mesma persona, certo que non... nun estado que ilegaliza as ideas e lóxico e natural que estas se volvan contra el... non se pode defender as actuación armadas... pero sede sensatos, non deixemos que nos mediaticen...
os actos de ugio e giana... (sen pretender xuzgarlos) corresponderian con calquiera acto da kaleborroka do pais basco... e que eu saiba en ningun momento se pediron para os detidos penas semelhantes!!!! penso, dende a minha reflexión persoal, que van a servir de "escarmiento" e iso non é nin xustiza ni lei.


#13 Por canicouba 05-11-2008 11:41

Interesante

son galeguista independentista e por tanto me considero de esquerdas, e dame mágoa que se pretenda defender un ideal tan interesante como que Galiza sexa autosuficiente dende o punto de vista da brutalidade e a ignorancia.
Temos que defender o noso, a nosa Galiza, que somos independentes pero con argumentos, empregando a intelectualidade e seremos un pobo digno de admiración.


#12 Por limoneero 03-11-2008 23:20

Normal

Luis, Maisum y demás salvapatrias, ojalá nunca seáis víctimas de vuestros valientes gudaris..... y mucho menos que vosotros los que no comulgamos con el terrorismo.


#11 Por Maisum 03-11-2008 22:48

Normal

Os únicos terroristas som os que nos governam, os banqueiros que se arruinam e roubam os cartos de todos, os que bombardeiam desde o ar polo petróleo e o coltam, os terroristas que expulsam a gente das suas casas para chuchar energia.

Liberdade para todos @s pres@s! Só vencem os povos que luitam!


#10 Por Luis 03-11-2008 22:30

Interesante

UXÍO XIANA LIBERDADE!

NON SON TERRORISTAS, SON INDEPENDENTISTAS!!


#9 Por florian 03-11-2008 22:16

Discutible

Si señor: a prisión y por unos buenos años. Realmente, en el fondo, es penoso que dos "pringaos" se metan en estos trajines. Si no quieren causar daños ¿por qué cojones ponen una bomba que aun por imprudencia podría haberlos causado? Este tipo de iniciativas hay que cortarlas de raíz. De verdad que resulta absurdo observar a esta clase de "neoromanticos independentistas" que pretenden no se qué instalando bombas y haciendo animaladas. A tomar por saco a la carcel y allí que redacten su ideario que van a tener tiempo y cuando salgan, ya ancianos que lo vendan como curiosidad histórica así tendrán para sobrevivir los ultimos años de su vida.


#8 Por fednmoito 03-11-2008 20:26

Normal

A p.. trena con eles, quen a fai que pague coma todo dios.


#7 Por patxiharitz 03-11-2008 18:46

Normal

Esta bastante claro da lo mismo quien y donde se perpetren los hechos, colocar una bomba, con la intencion que sea es un acto de terrorismo y los terroristas tienen que estar en la carcel ya sean de Barakaldo, Santiago de Compostela o Puente Genil (Cordoba)o su apellido sea gallego o euskaldun, el que la hace la paga. La libertad de un pueblo y su independencia se pueden rivindicar por medios pacificos.


#6 Por AnxelaLemos 03-11-2008 18:28

Discutible

A la puñetera carcel este y cualquiera que ponga bombas. Imitadores de batasunos baratos. Estos como los del EGPGC cuando pusieron la bomba en la estatua de Franco en Ferrol y consiguieron con ello romperle un trozito muy muy escaso a la pata del caballo. Ignorantes.


#5 Por moza 03-11-2008 17:25

Normal

senon queres causar daños persoais, non poñas bombas


#4 Por Naaranjo 03-11-2008 15:58

Normal

Si reconoce los hechos...

En caso de 'penetración' ILÍCITA es lo mismo que sea leyéndo :RECOPLA que:RECUERDO DE CONSTANTINOPLA,siempre será penetración.

Si se pone la 'bombita' con aviso o sin aviso,es un acto terrorista.y si no causó daños personales....
sería por que no cuadró,
si hubiese cuadrado otra cosa sería.


#3 Por democracia 03-11-2008 15:42

Discutible

TERRORISTAS A PRISIÓN.


#2 Por anxo 03-11-2008 13:52

Normal

O que teñen que fecer e liarse coa fillo/a dunha folclórica, pasar un par de anos na trena e vivir do conto deste patético estado.
Ley igual para todos o nada


#1 Por Gallego 03-11-2008 12:53

Normal

UXÍO XIANA LIBERDADE!


Acceder Crear usuario

Podes comentar sen ter que crear un usuario, pero é recomendable se queres acceder a todas as funcionalidades dos comentarios (votacións, karma, foto personalizada...)





captcha

Cambiar por outro


Un pouco de HTML está ben
Podes usar algunhas etiquetas HTML <a></a>, <b></b>, <s></s>, <u></u>, <i></i>