INCENDIOS

Localizan o cadáver do piloto mentres segue a loita contra o lume


Etiquetas: helicoptero, piloto, UME, hectáreas, Valencia, incendio

03/07/2012 - Galiciaé LV / Axencias

Os incendios forestais que afectan a varios municipios de Valencia, Murcia, Castela-A Mancha e Zaragoza foron perdendo intensidade ao longo dun día no que se localizou o corpo do piloto José Agustín Nieva, que morreu onte cando traballaba nos labores de extinción do lume en Valencia.
 
Nieva, de 59 anos, faleceu cando intentaba sufocar o lume que desde o pasado xoves afecta á provincia de Valencia. Era coronel do Exército en situación de reserva desde o ano 2004 e contaba cunha ampla experiencia na extinción de incendios forestais, con máis de 4.000 horas de voo.
 
O seu corpo foi localizado este mediodía no encoro de Forata, a uns 16 metros de profundidade, tras detectarse unha mancha de queroseno na superficie da auga e restos do helicóptero no que viaxaba.
 
No hospital La Fe de Valencia continúan ingresados o piloto e copiloto feridos onte nun segundo accidente de helicóptero. O piloto, de 55 anos, permanece na unidade de reanimación e o seu prognóstico é reservado, mentres que o copiloto, de 36 anos permanece estable con politraumatismos.
 
Dos incendios activos, os máis virulentos atópanse en Valencia, onde arderon xa preto de 50.000 hectáreas de zona arboredo e matogueira, aínda que as perspectivas son optimistas.
 
Así, fontes da Unidade Militar de Urxencias (UME) informaron a Efe de que o incendio de Andilla evoluciona favorablemente e xa non ten chamas e mostráronse optimistas sobre o de Cortes de Pallàs, aínda que advertiron de que as altas temperaturas, a baixa porcentaxe de humidade e o vento xogan en contra dos labores de extinción.
0'0 (0 votos)

Para valorar comentarios debes estar rexistrado.


Acceder Crear usuario

Non podes valorar os teus propios comentarios.



Só podes valorar o comentario unha vez.



¿Comentas?

Borraranse os comentarios que conteñan insultos e/ou contidos inadecuados.
Para calquera dúbida, consulta a guía de comentarios.


Acceder Crear usuario

Podes comentar sen ter que crear un usuario, pero é recomendable se queres acceder a todas as funcionalidades dos comentarios (votacións, karma, foto personalizada...)





captcha

Cambiar por outro


Un pouco de HTML está ben
Podes usar algunhas etiquetas HTML <a></a>, <b></b>, <s></s>, <u></u>, <i></i>