RAG

E as Letras Galegas 2008 son para... Xosé María Álvarez Blázquez


Etiquetas: Álvarez Blázquez, Letras Galegas, RAG

30/06/2007 - Silvia Canabal (Santiago)

A Real Academia Galega decidiu esta mañá que o homenaxeado no Día das Letras Galegas 2008 será Xosé María Álvarez Blázquez. O escritor tudense, eterno candidato, cumpriu todos os prognósticos e pasará a formar parte da nómina de autores galegos elixidos pola RAG para este recoñecemento.

Información relacionada

Álvarez Blázquez naceu en Tui en 1915. A vea artística poderíase dicir que a levaba no sangue, xa que entre os seus parentes figuran nomes como os poetas Emilio Álvarez Blázquez, Celso e Xosé María Álvarez Cáccamo, ou Berta Cáccamo.

Foi escritor de poesía, narrativa e ensaio, ademais de arqueólogo, investigador, e editor. Militante da Federación de Mocidades Galeguistas e do Partido Galeguista, foi vítima da represión durante a ditadura franquista, e o seu nome é un dos máis admirados do chamado 'Exilio interior'. En 1959 fundou con Luís Viñas Cortegoso a Editorial Monterrey, e en 1964 creou Edicións Castrelos. Ingresou na Real Academia Galega en 1962. Faleceu en 1985 aos 70 anos.

É autor de tres obras en verso: 'Poemas de ti e de min' (1949); 'Roseira do teu mencer' (1950) e 'Canle segredo' (1976) e varias obras en prosa. A RAG destacou del ser "o exemplo perfecto dun hombre polígrafo, erudito e interesado pola historia, a arqueoloxía ou a literatura".

O eterno candidato, e a eterna oposición
A candidatura de Blázquez soaba dende había tempo, xa que noutras ocasións foi desbancado sucesivamente por Lorenzo Varela, Manuel Lugrís ou María Mariño, homenaxeada precisamente neste ano.

Con todo, había outros nomes que se posicionaban con forza para as Letras Galegas 2008:
Ricardo Carvalho Calero e Lois Pereiro eran algúns dos favoritos, que tamén se postulaban dende hai tempo para este recoñecemento. Precisamente, Pereiro contaba co apoio dos escritores máis novos que levan tempo reivindicándoo como un referente silenciado e inescusable da poesía galega do século XX.

Dende o décimo cabodano da súa morte, hai dous anos, o nome Lois Pereiro soa para o Día das Letras por aclamación popular. Manuel Bragado ou Santiago Jaureguízar son só dous nomes dos moitos que reivindican que se homenaxee ao poeta monfortino, morto prematuramente de Sida en 1996.

Desta volta, e coma todos os anos, as propostas para o Día das Letras multiplicáronse.  Colectivos, medios de comunicación e institucións fixeron públicos os seus apoios e apostas. Xohán Xesús González, Fiz Vergara Vilariño, Ernesto Guerra da Cal ou Jenaro Marinhas del Valle foron algúns nomes que se oíron, ademais dos tres favoritos. Pero ao final, a voz da Academia decidiu: Xosé María Álvarez Blázquez.

4'0 (4 votos)

Para valorar comentarios debes estar registrado.


Acceder Crear usuario

No puedes valorar tus propios comentarios.



Ya has valorado este comentario



2 comentarios

Serán borrados los comentarios que contengan insultos y/o contenidos inadecuados.
Para cualquier duda, consulta la guía de comentarios.


#2 Por None 30-06-2007 23:02

Normal

sintoo polo monfortino Lois pereiro, que me houbera gostado non só pola honra q nos supon para a nosa bisbarra de lemos, pero outra vez será. Agora haberá que ir informandose de quen era X.M.Alvarez Blazquez para que non me pase como este ano con Maria Mariño que lle tocou e eu aínda pouco sei dela hoxe. Penso que o día das letras galegas debe acarrear unha ampla campaña informativa non só no ensino, senón en todolos ambitos.. coido que os nosos autores estan pouco difundidos e reconhecidos para a calidade que tenhen... pero pouco a pouco faise o caminho!

(que o día das letras sexa o día da patria, que mellor día e non o dun santo matamouros... hehe.)


#1 Por None 30-06-2007 22:54

Normal

Sigo pensando que a RAG vive afastada da realidade cultural do pa


Acceder Crear usuario

Puedes comentar sin tener que crear un usuario, pero es recomendable si quieres acceder a todas las funcionalidades de los comentarios (votaciones, karma, foto personalizada)





captcha

Cambiar por outro


Un poco de HTML está bien
Puedes usar algunas etiquetas HTML <a></a>, <b></b>, <s></s>, <u></u>, <i></i>