As axudas á banca vencerán como máximo en 2028, segundo 'Der Spiegel'


Etiquetas: España, débeda soberana, FEEF, Der Spiegel, bancos, sistema financeiro, banca, axudas, rescate

14/07/2012 - Galiciaé LV / Axencias

O programa de axudas para a banca española de ata 100.000 millóns de euros abonarase en catro prazos e terá un vencemento máximo ata o ano 2028, segundo revela o semanario alemán Der Spiegel na súa próxima edición.

A revista basea as súas informacións nunha proposta confidencial dos responsables do Fondo Europeo de Estabilización Financeira (FEEF) á que tivo acceso.

Engade que a proposta da dirección do FEEF contempla o pago dun primeiro prazo antes de finais de xullo por valor de 30.000 millóns de euros.

Dúas terceiras partes dese primeiro prazo serán destinadas a inxectar capital nos bancos afectados no caso de que o necesiten a curto termo, mentres o terzo restante servirá de colchón "de seguridade" a longo prazo.

Der Spiegel explica que outros tres prazos de 15.000 millóns de euros de axudas cada un serán entregados a mediados de novembro próximo, a finais de decembro de 2012 e a finais de xuño de 2013.

A revista revela igualmente que para finais de novembro está prevista a creación en España dun "banco malo" para "valores problemáticos" que será dotado dun capital de 25.000 millóns de euros.

Finalmente, destaca que a proposta da dirección do FEEF establece que esas axudas non gravarán directamente ao Estado español para que "poida continuar tendo acceso aos mercados financeiros".

0'0 (0 votos)

Para valorar comentarios debes estar rexistrado.


Acceder Crear usuario

Non podes valorar os teus propios comentarios.



Só podes valorar o comentario unha vez.



¿Comentas?

Borraranse os comentarios que conteñan insultos e/ou contidos inadecuados.
Para calquera dúbida, consulta a guía de comentarios.


Acceder Crear usuario

Podes comentar sen ter que crear un usuario, pero é recomendable se queres acceder a todas as funcionalidades dos comentarios (votacións, karma, foto personalizada...)





captcha

Cambiar por outro


Un pouco de HTML está ben
Podes usar algunhas etiquetas HTML <a></a>, <b></b>, <s></s>, <u></u>, <i></i>