DESEMPREGADOS

Os perceptores da renda de inserción poden viaxar, os solicitantes non


Etiquetas: estranxeiro, viaxar, RAI, desempregados

15/07/2012 - Galiciaé LV / Axencias

O Ministerio de Emprego afirmou hoxe que no real decreto-lei de medidas "para garantir a estabilidade orzamentaria e de fomento da competitividade" non se introduciron modificacións para que os perceptores da renda activa de inserción (RAI) poidan viaxar ao exterior.

Fontes do Ministerio aseguraron a Efe que os perceptores da citada renda (de 426 euros ao mes) poderán seguir facéndoo nas mesmas condicións que ata agora.

Os cambios introducidos só se refiren aos novos solicitantes da RAI, precisaron as fontes.

A intención desas modificacións é evitar que os novos demandantes poidan irse ao estranxeiro a traballar durante uns meses e que á súa volta a España poidan cobrar a renda.

Segundo se explica no real decreto-lei (publicado onte no BOE), modifícase o réxime de acceso á renda activa de inserción para reforzar a súa vinculación co emprego e garantir unha maior efectividade na utilización dos recursos públicos.

Así, durante a inscrición como demandante de emprego deberase buscar activamente emprego, non rexeitar unha oferta adecuada de traballo nin negarse a participar, salvo causa xustificada, en accións de promoción, formación ou reconversión profesionais ou outras para incrementar a ocupabilidade.

En canto á saída ao estranxeiro, afírmase que "por calquera motivo ou duración, interrompe a inscrición como demandante de emprego a estes efectos".

Este punto, segundo fontes do Ministerio de Emprego, non afecta aos perceptores, só aos solicitantes, resaltaron.

0'0 (0 votos)

Para valorar comentarios debes estar rexistrado.


Acceder Crear usuario

Non podes valorar os teus propios comentarios.



Só podes valorar o comentario unha vez.



¿Comentas?

Borraranse os comentarios que conteñan insultos e/ou contidos inadecuados.
Para calquera dúbida, consulta a guía de comentarios.


Acceder Crear usuario

Podes comentar sen ter que crear un usuario, pero é recomendable se queres acceder a todas as funcionalidades dos comentarios (votacións, karma, foto personalizada...)





captcha

Cambiar por outro


Un pouco de HTML está ben
Podes usar algunhas etiquetas HTML <a></a>, <b></b>, <s></s>, <u></u>, <i></i>