Os editores piden un sistema alternativo á gratuidade dos libros de texto

Datos de interés

  • Viernes 09.01.2009

Libros de texto

Os editores piden un sistema alternativo á gratuidade dos libros de texto


Etiquetas: educación, libro

Anxa Correa (Santiago).

A Asociación Galega de Editores denuncia que a actual política de préstamo de libros de texto pon en crise a industria de edición galega. Afirman que dende a posta en marcha do servizo de préstamo entre os alumnos, no ano 2003, as ventas do sector reducíronse nun 18%, segundo un informe elaborado polo grupo de investigación Psicom da Universidade de Santiago.

Hoxe reuníronse co presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, para presentarlle as conclusións deste informe, e para reclamar un sistema que non ocasione tantas perdas ós profesionais do sector do libro. Os editores e libreiros defenden o método de axuda directa, un sistema que lles daría maiores beneficios ás editoriais e que permitiría que os rapaces sexan propietarios dos libros "e poidan dispor deles para un maior aproveitamento académico".

Pérez Touriño acolleu "con preocupación" o informe da USC. O mandatario comprometeuse a estudar o documento e as alternativas ó préstamo gratuíto usadas noutras Comunidades, como poden ser o cheque-libro ou as axudas directas ás familias en función do nivel de renda.

En todo caso, o presidente da Xunta afirmou que aínda que se modifique finalmente  o método de acceso ós libros de texto, "a gratuidade está fóra de discusión". Touriño tamén quixo lembrar o "contexto favorable" que se lle abre ó sector coa nova norma sobre el libro, o Plan Galego de Lectura e o Decreto de Galeguización do Ensino.

Cuestión de método
O sistema actual para evitarlles ás familias o desembolso de varios centos de euros cada novo curso consiste no préstamo dos libros de forma gratuíta a través dos colexios. Ó final do ano, os alumnos deben devolver os manuais en bo estado para prestarllos ós rapaces da seguinte promoción.

Este método xera un gasto por alumno de 76 euros por alumno. Nas comunidades onde se usa o sistema de axudas directas a media de gasto por alumno é de 105 euros. Os libreiros aseguran que para a Administración o gasto é mínimo, pero nun sector no que a metade das vendas dependen do libros que se mercan para as escolas, a diferencia é notable.

02/07/2007

5'0 (2 votos)

valorar_registrado


Acceder Crear usuario

valorar_propios



valorar_valorado



¿Comentas?

comentarios_interesa guía de comentarios.


Acceder Crear usuario

co_explica





captcha

Cambiar por outro


co_pouco_html
co_etiquetas_html

Opcións

Fotos

Os libros de texto constitúen preto da metade dos ingresos para os libreiros (Foto: Marcos Ferro)
Os libros de texto constitúen preto da metade dos ingresos para os libreiros (Foto: Marcos Ferro)

Buscar + información sobre




Publi


Galiciae
Rúa Salvadas, 27, Santiago · Tlfno: 981 55 25 30
Grupo El Progreso