O PP asume os duros resultados do CIS e atribúeos ás medidas anticrise


Etiquetas: reformasm axustes, recortes, medidas, PP, Hernando, CIS, crise

06/08/2012 - Galiciaé LV / Axencias

O portavoz adxunto do PP no Congreso, Rafael Hernando, recoñeceu hoxe que os resultados do CIS para este partido son "duros" pero "lóxicos e esperados" porque chegan nun dos "momentos máis complexos para este país", nos que se están adoptando medidas "imprescindibles" para superar a crise.

Hernando fixo estas declaracións nunha rolda de prensa, ante os últimos datos desta sondaxe que reducen en oito puntos a estimación de voto dos populares respecto das eleccións xerais do 20-N.

O portavoz enmarcou estes resultados en que o Executivo está a levar a cabo unhas medidas "duras" nuns momentos "transcendentes" para España, pero que son "imprescindibles" para saír da crise e que serán "a garantía do éxito de mañá".

"Iso é o que o PP quere transmitir ao conxunto dos españois, a esperanza de que cos axustes adoptados sairase da crise", dixo Hernando.

Neste sentido, agradeceu a confianza que aínda depositan a "gran maioría" dos cidadáns no PP, que axuda a este partido a seguir adiante cos seus obxectivos.

"Con este apoio evidentemente imos derrotar á crise", salientou o dirixente popular, quen pediu aos españois que teñan confianza en que o que fixeron no pasado tamén o poderán facer agora para sacar a España da actual situación económica.

Hernando recordou que noutras ocasións tiveron resultados peores no CIS e que, ao final, coa "tenacidade e o traballo" superouse esta situación.

"Estamos a facer cousas que se deberon facer hai tempo", matizou, á vez que confesou que a alternativa a isto é a "inacción" que levou nos últimos anos a agravar a crise.

Insistiu en que é moi importante nestes momentos de dificultades o apoio de todos os españois e moi especialmente do PSOE, partido a quen fixo responsable da "ruína económica do país" e a quen pediu que actúe con altura "de miras".

Sobre a viaxe a Berlín que está a realizar o líder do PSOE, Alfredo Pérez Rubalcaba, para entrevistarse cos seus socios ideolóxicos, Hernando solicitoulle que actúe fóra de España como o faría aquí e que deixe de utilizar ás Comunidades en que goberna este partido como "ariete" contra o Goberno.

Por outra banda, o portavoz popular dixo que en Andalucía hai sitio para recortar sen ter que pechar hospitais e escolas, e que se os socialistas queren levar a cabo axustes, poden empezar por reducir "a administración paralela e elefantiásica, que ao final se converteu nun foco de corrupción".

"Iso é o que lle pido fundamentalmente á oposición: menos teatralidade e máis compromiso co futuro deste país", comentou antes de concluír que o Executivo vai derrotar" á crise coa confianza do conxunto dos españois.

0'0 (0 votos)

Para valorar comentarios debes estar rexistrado.


Acceder Crear usuario

Non podes valorar os teus propios comentarios.



Só podes valorar o comentario unha vez.



¿Comentas?

Borraranse os comentarios que conteñan insultos e/ou contidos inadecuados.
Para calquera dúbida, consulta a guía de comentarios.


Acceder Crear usuario

Podes comentar sen ter que crear un usuario, pero é recomendable se queres acceder a todas as funcionalidades dos comentarios (votacións, karma, foto personalizada...)





captcha

Cambiar por outro


Un pouco de HTML está ben
Podes usar algunhas etiquetas HTML <a></a>, <b></b>, <s></s>, <u></u>, <i></i>