Por unha reportaxe homenaxe ao Foucellas
Fernando Arrizado, xornalista de Vieiros, premio 'Johán Carballeira'
22/12/2008 - Galiciae
"O 22 de outubro de 1908 nacía nas Foucellas (Mesía) o máis lendario dos guerrilleiros antifranquistas. Dúas persoas que o coñeceron en persoa falan dos seus primeiros e dos seus derradeiros anos de vida".
Así arrincaba, cen anos despois, unha reportaxe de Fernando Arrizado que vén de facerse co VI Premio de Xornalismo Johán Carballeira.
O traballo, que levaba por titular 'Réquiem polo Foucellas', foi publicado no xornal galego Vieiros. Del, o xurado valorou a calidade na escrita e a contribución de dados pouco coñecidos sobre a figura do guerrilleiro antifranquista.
Asemade, destacan que o autor utiliza axeitadamente as ferramentas do formato dixital no que foi publicado, e que posúe un alto poder narrativo.
No puedes valorar tus propios comentarios.
Ya has valorado este comentario
Serán borrados los comentarios que contengan insultos y/o contenidos inadecuados.
Para cualquier duda, consulta la guía de comentarios.










