Sucesos

Detido en Portugal 'O Solitario', un dos atracadores máis buscados en España


Etiquetas: sucesos

23/07/2007 - Xeración /Axencias

'O Solitario', un dos atracadores máis buscados en España, foi detido hoxe na localidade portuguesa de Figueira da Foz, ao sur do Porto. Segundo fontes da investigación, a detención efectuouse nunha operación na que colaboraron a Policía Nacional española e a portuguesa.

Trala identidade de 'O Solitario' ocultábase Jaime Giménez, madrileño de 51 anos, a quen se lle atribúen máis de 30 atracos en sucursais bancarias de todo o Estado e o roubo de máis de 600.000 euros. As forzas de seguridade tamén o acusan do asasinato de tres persoas: dous gardas civís e un policía local.

O último roubo que se lle atribúe tivo lugar o pasado 18 de maio nunha sucursal de Caja Rural de Toro (Zamora). No atraco sustraeron case 6.000 euros e un empregado do banco resultou ferido.

Segundo informaron fontes da investigación, crese que 'O Solitario' ía cometer un novo atraco, xa que ía disfrazado con perruca barba postizas e levaba un revólver, unha pistola ametralladora, chaleco antibalas e munición.

0'0 (0 votos)

Para valorar comentarios debes estar registrado.


Acceder Crear usuario

No puedes valorar tus propios comentarios.



Ya has valorado este comentario



¿Comentas?

Serán borrados los comentarios que contengan insultos y/o contenidos inadecuados.
Para cualquier duda, consulta la guía de comentarios.


Acceder Crear usuario

Puedes comentar sin tener que crear un usuario, pero es recomendable si quieres acceder a todas las funcionalidades de los comentarios (votaciones, karma, foto personalizada)





captcha

Cambiar por outro


Un poco de HTML está bien
Puedes usar algunas etiquetas HTML <a></a>, <b></b>, <s></s>, <u></u>, <i></i>