Díaz Pardo recibe a Medalla de Galicia coa lembranza nos exiliados

Datos de interés

  • Martes 02.12.2008

Homenaxe

Díaz Pardo recibe a Medalla de Galicia coa lembranza nos exiliados


Etiquetas: Díaz Pardo, Touriño, Día de Galicia

Anxa Correa. AGN (Santiago).

O artista e intelectual, Isaac Díaz Pardo, non para de recibir homenaxes. Hoxe, 25 de xuño, o presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, entregoulle a Medalla de Galicia, a máxima distinción da comunidade, por "unha vida enteira dedicada á creación de cultura, de identidade, de ideas, de prosperidade".

Coa modestia que o caracteriza, o cofundador do Laboratorio de Formas dixo aceptar a distinción só como "un desagravio á miña sorte e como un vello que ten que asumir a representación dos exiliados galegos".

A memoria do exilio
A lembranza e o recoñecemento de "tantas e tantas intelixencias de primeira orde que Galicia foi perdendo polos camiños dunha historia desgraciada", tal e como se referiu o presidente da Xunta aos exiliados, estivo presente durante toda a ceremonia, celebrada no parque compostelán de San Domingos de Bonaval.

Díaz Pardo explicou como a vontade de "recuperar a memoria histórica da terra" dos exiliados serviu de raíces para que xermolase o Laboratorio de Formas, fundado por el e polo pintor Luís Seoane. Supuxo a resurrección de Sargadelos, "produto da nosa inexperiencia como pobo industrial e unha esperanza" ou a recuperación de institucións desaparecidas, como o Seminario de Estudos Galegos. A estas iniciativas súmanselle tantas outras, como a editorial Ediciós do Castro, o Museo Carlos Maside ou o Instituto Galego de Información.

Laboratorio de Formas
O homenaxeado agradeceu no seu discurso o apoio que o Laboratorio das Formas recibiu por parte de galegos ilustres e tamén o "talento da xente nova". Con algún despiste, xa que "o dos papeis non me vai nada ben", mencionou a Otero Pedrayo, Vicente Risco, Paz Andrade... Pero también a Ramón Barreiro, Ramón Villares ou Emilio Pérez Touriño, "non para pagarlle o que fixo aquí, senón por ser membro do Seminario de Estudos Galegos dende o ano 78", aclarou.

Pola súa banda, o presidente do Executivo galego sinalou o labor de Díaz Pardo na busca do "camiño para a recuperación dunha identidade cultural deturpada" e na reivindicación da memoria dos exiliados. Nese sentido, Touriño referiuse á función do Laboratorio de Formas na "revitalización da tradición propia, convertida en foco irradiador de modernidade".

'A persoa máis querida de Galicia'
O titular do Goberno galego destacou na súa intervención "a memoria e a identidade" do futuro de Galicia que representa Díaz Pardo, calificado como "un traballador incansable" na recuperación da tradición propia.

"Oxalá non falten en Galicia homes como Díaz Pardo: inconformistas, críticos, capaces de combinar nas doses axeitadas razón, imaxinación, realismo e utopía", engadiu Touriño no seu discurso, referíndose a Díaz Pardo como merecedor "por forza" da Medalla de Ouro da comunidade, por ser "a persoa máis querida de Galicia".

26/07/2007

5'0 (2 votos)

valorar_registrado


Acceder Crear usuario

valorar_propios



valorar_valorado



¿Comentas?

comentarios_interesa guía de comentarios.


Acceder Crear usuario

co_explica





captcha

Cambiar por outro


co_pouco_html
co_etiquetas_html

Opcións

Fotos

Isaac Díaz Pardo recibe a Medalla de Galicia de mans de Emilio Pérez Touriño (Otto, AGN)
Isaac Díaz Pardo recibe a Medalla de Galicia de mans de Emilio Pérez Touriño (Otto, AGN)

Buscar + información sobre





Publi


Galiciae
Rúa Salvadas, 27, Santiago · Tlfno: 981 55 25 30
Grupo El Progreso