Eu quería falar de amor


Etiquetas: Israel, conflicto, Palestina, derechos

04/01/2009 - Besbe

En serio que quería falar do amor, quen sabe se influída polas datas nas que é propicio desexar paz e alegría, se por estar lendo sobre ese cúmulo de emocións que desembocan nese sentemento tan buscado por todos. O amor, o amor! E para cada un de nós o amor é unha cousa totalmente distinta: un sentemento que dura eternamente, un arrebato de paixón ao que unha se abandoa para disfrutar sen pensar, unha integridade tal que admite amar a máis dunha persoa e aceptar a liberdade dos amados para que nos correspondan e ser felices en todas esas relación, e tamén aceptar a posibilidade de que xa non nos amen e sufrir moito máis esas perdas cando son propias ou alleas, o amor como contrato e estabilidade, amar a homes, a mulleres, a ambos...o amor de todos os xeitos posibles, mesmo hai quen postula a posibilidade de chegar a amar a robots, que é a idea que David Levy vai desenvolvendo no seu libro Amor + sexo con robots, o último que me acompañou estes días.

Cando penso en robots venme á cabeza o home bicentenario, David e o Gigoló Joe de Intelixencia Artificial, Bender, Rachael de Blade Runner, C-3PO e R2-D2, Terminator ou a Número Seis de Battlestar Galáctica, por poñer exemplos. Vida artificial baseada en nós mesmos, un concepto atractivo e terrorífico á vez. Pero a realidade sempre é máis crúa. Cando a través das imaxes e das crónicas que chegan dende Palestina vexo o uso que se lles dá ás máquinas, desexaría de verdade que xa existisen robots con intelixencia artificial porque, como robots que serían e sempre con Asimov presente, sempre farían caso ás Leis da Robótica, sobre todo á primeira: non deberían danar a ningún ser humano, ou por inacción, permitir que un ser humano sufra mal algún. Semella perfecto, anque ben pensado, se se van crear a imaxe e semellanza nosa,  seguro que nin caso lle facían, que aí está a ONU, a Declaración Universal dos Dereitos Humanos e a moral polo chan, iso si, a proba de bombas.

0'0 (0 votos)

Para valorar comentarios debes estar registrado.


Acceder Crear usuario

No puedes valorar tus propios comentarios.



Ya has valorado este comentario



¿Comentas?

Serán borrados los comentarios que contengan insultos y/o contenidos inadecuados.
Para cualquier duda, consulta la guía de comentarios.


Acceder Crear usuario

Puedes comentar sin tener que crear un usuario, pero es recomendable si quieres acceder a todas las funcionalidades de los comentarios (votaciones, karma, foto personalizada)





captcha

Cambiar por outro


Un poco de HTML está bien
Puedes usar algunas etiquetas HTML <a></a>, <b></b>, <s></s>, <u></u>, <i></i>