Ollo Mol

Os escritores galegos deberían ser zombies


Etiquetas: Jaureguízar, Bugallo, televisión

07/01/2009 - Jaureguízar

Estes días ando mirando 'Trueblood', unha serie tan delirante coma fascinante sobre vampiros que visitan un bar con billar e camareiras con pantalón breve nos abismos rurais dos Estados Unidos. Os escritores galegos non se interesan por estas frivolidades, pero, de facelo, sentirían envexa deses mortos vivos que beben 'bloody marys' e se pasean en camionetos malia que anden todo o día coa tensión deitada polo chan.

O positivo de que os autores fosen zombies sería que gozarían das homenaxes que lles fisexen. En Galicia as lindeiras entre a existencia e o pasamento son bretemosas, mais é preferible curzar alén o río Limia para que recibir o recoñecemento dos colegas. De ser mortos en vida, os creadores galegos poderían asistir aos banquetes con lectura de elexías, colocacións de coroas con cintas interminables na loubanza e á colocación de pracas con textos da caste «Aquí nació para no morir...», que lle chantaron ao Viejo Pancho no seu Ribadeo natal.

Hai un sector da intelectualidade galega que é coma a mafia: os seus membros soamente se atacan entre eles, fan que pareza un accidente e levan a coroa máis grande na despedida. As críticas son sempre en voz baixa e sobre o mantel, nunca en negro sobre branco e sobre o papel.

Nestes meses anda marchando Ánxela Bugallo da Consellaría de Cultura no medio dun silencio que berra por quen o manteñen. Os comentarios no 'Culturgal' de hai un mes non eran sobre o cambio de modelo que lograron a conselleira de Cultura e o seu equipo neste catro anos, non falaban de «pasamos da xestión de tapar o burato que xurda a unha xestión planificada». Non, o que se barallaban eran os naipes que daban triunfos: «Bará ten moitas posibilidades de ser conselleiro, os da U consenten; non vos esquezades da concelleira coruñesa María Xosé Bravo, que está en alza; non sei quen vai ser, pero García Negro dende logo que non». E nin unha palabra de recoñecemento para que puxo en marcha a inaprazabre Lei do Libro, a necesaria política de promoción exterior da nosa literatura e quen racionalizou un sistema de axudas que se ían entregando a quen chegaba á fiestra ata que remataban os fondos. «Os do 'mojito' esqueceron», dicíame o outro día un recoñecido artista.

Bugallo pecou de soberbia ao non asumir o erro de promocionar a cultura galega nun país onde debería promocionarse a 'ternera gallega', pero todo o que semella que acordamos agora son eses 'mojitos' que non deixan de ser un altofalante que López Chaves dirixiu ao populismo máis desinformado. Foron catro anos dunha xestión intensa e interesante, mais os creadores xa se situaron na porta de San Caetano para agardar polo seguinte ocupante do despacho. Máis lle vale ir promovendo homenaxes para os mortos en vida se quere que lle dean a despedida digna que non vai ter Ánxela Bugallo.

4'4 (14 votos)

valorar_registrado


Acceder Crear usuario

valorar_propios



valorar_valorado



1 comentario

comentarios_interesa guía de comentarios.


#1 Por Tereixa 11-01-2009 12:28

Normal

Gustoume ben o seu artigo.A Bugallo é a víctima dun machismo podre e dunhas prácticas clientelares que son o cancro da sociedade galega.
As mulleres xa se sabe,que sexan ben mandadiñas.
Viva Galicia Ceibe do patriarcado!


Acceder Crear usuario

co_explica





captcha

Cambiar por outro


co_pouco_html
co_etiquetas_html