Paro no servizo de xardíns

Os traballadores de Cespa desconvocan a folga de recollida de lixo en Vigo


Etiquetas: folga, Vigo

27/07/2007 - AGN/Xeración (Vigo)

A folga dos traballadores de parques e xardíns de Vigo quedou desconvocada este mediodía, despois dunha reunión entre representantes dos sindicatos e da empresa concesionaria do servizo Cespa. Finalmente houbo acordo entre ambas partes, facilitada pola mediación do delegado provincial de Traballo, Pedro Borrajo.

Xa durante a mañá, os traballadores accederon a cumprir os servizos mínimos" como mostra de boa vontade" logo de que a empresa concesionaria do servizo accedese esta mañá a retirar as sancións a sete traballadores a cambio desa condición.

O acordo ó que chegaron sindicatos e empresa terá que ser ratificado agora nunha asemblea. Está previsto que ó longo desta tarde continúen as labores de limpeza do lixo acumulado no paseo marítimo e nos xardíns da praia viguesa de Samil.

Condicións do convenio
O convenio colectivo dos 109 empregados de Cespa terá unha duración de 4 anos e contempla un incremento lineal dos soldos de 55 euros mensuais este ano, 61 euros mensuais en 2008, 64 en 2009 e 67 ó mes en 2010.

O acordo tamén recoñece o dereito a cobrar unha cuarta paga extraordinaria completa en 2010, cobrando xa en 2007 o 25% desa paga; o 50% en 2008 e o 75% en 2009.

Cinco días de paro laboral
Deste xeito ponse fin a un paro que comezou o pasado luns, cando os traballadores da limpeza de parques e xardíns de Vigo e Cespa decidiron protestar pola falta de acordo na negociación dun convenio propio. O conflito acadou o seu maior punto de tensión no día de onte, xa que o lixo comezaba a acumularse nas zonas máis turísticas da cidade.

Os empresarios hostaleiros queixábanse de que a folga do servizo de limpeza lles estaba a ocasionar maiores prexuízos que o mal tempo, e pedían unha resolución ao conflito. O alcalde de Vigo, Abel Caballero, solicitou onte un informe á Consellería de Sanidade para saber se era necesario proceder á clausura da praia de Samil, por posible insalubridade, ante as dez toneladas de lixo que xa se acumulaban na zona peonil.

0'0 (0 votos)

Para valorar comentarios debes estar registrado.


Acceder Crear usuario

No puedes valorar tus propios comentarios.



Ya has valorado este comentario



¿Comentas?

Serán borrados los comentarios que contengan insultos y/o contenidos inadecuados.
Para cualquier duda, consulta la guía de comentarios.


Acceder Crear usuario

Puedes comentar sin tener que crear un usuario, pero es recomendable si quieres acceder a todas las funcionalidades de los comentarios (votaciones, karma, foto personalizada)





captcha

Cambiar por outro


Un poco de HTML está bien
Puedes usar algunas etiquetas HTML <a></a>, <b></b>, <s></s>, <u></u>, <i></i>

Fotos

Paseo de Samil, cheo de lixo (S. Daponte. AGN)
Paseo de Samil, cheo de lixo (S. Daponte. AGN)