Entrevista a Anxo Quintana, presidente do BNG

''O importante é que non voten os mortos, que unha persoa non vote por dezaseis''


Etiquetas: TeleLugo, Xunta 09, PPdeG, BNG, autonómicas, eleccións, Quintana, crisis, crash 08, paro, empleo, trabajo, dependencia, mayores, voto emigrante, Galicia Exterior

05/02/2009 - Galiciae

''O que importa é que se poida votar con garantías democráticas, que non voten os mortos, que unha persoa non vote por dezaseis''. Así de contundente se amosou o vicepresidente da Xunta de Galicia e candidato á presidencia polo BNG, Anxo Quintana, ao referirse ao voto emigrante.

Ademais, o nacionalista denunciou o método de votación en sacas, en vez de urnas, o cal afirma que foi ideado polo PPdeG cando gobernaba porque lles favorecía, por iso ''agora que están na oposición protestan'', sinala Quintana.

O líder do BNG fixo un repaso aos case catro anos de goberno xunto co PSdeG nunha entrevista en TeleLugo e avanzou as pricipais liñas de actuación que seguirá a súa formación de gañar as eleccións.

Crise económica
No refente á situación de recesión, Quintana apuntou como posible solución para saír da crise a creación dun Instituto Oficial de Crédito (ICO). Argumentou que isto permitiría ás empresas e ás familias acceder ao crédito desde o sector público, ''porque a banca tradicional non está cumprindo con esa misión'', malia que está a recibir un importante fluxo de fondos públicos.

Por outra banda, indicou que o BNG defende a creación dun complemento autonómico para os que leven máis de 6 meses no paro, pois ''temos máis de 200.000 parados, que por termo medio cobran menos que un parado no resto do estado'', afirma Quintana, algo que considera que ''non é xusto''.

 
Benestar social
Preguntado pola actividade da Vicepresidencia de Igualdade e Benestar, concretamente sobre a política de benestar social, Quintana sinala que ''temos máis de 570.000 persoas maiores de 65 anos, temos máis de 100.000 dependentes, e cando nós chegamos ao goberno non había nin un só centro de día público para atender aos nosos maiores''.

''Nestes tres anos e medio fixemos 57 centros de día'' ademais doutros servizos, como o programa de xantar no domicilio ou o servizo transporte adaptado, que conforma unha rede pública no sistema galego de benestar, dentro do cal ''estaba todo sin facer''.

Sobre a Lei de Dependencia recoñeceu que o proceso administrativo tarda moito, algo que atribuíu a que ''dende Madrid se levantaron moitas espectativas e houbo xente que pensou que ía ter a paga o día seguinte''.

Nesta materia, o líder do BNG conluíu que ''nunca se fixo tanta política para os maiores como se fixeron nestes tres anos medio'', pois antes falábase dos maiores só en tempo electoral e neste caso ''falouse deles sempre'', indicou.

Solo industrial e AVE

En canto ao desenrolo de chan industrial, o nacionalista considera que ''para que haxa emprego ten que haber empresas, por iso é tan importante dotarnos dunha estrutura de solo industrial'', dixo Quintana, ''por iso o BNG xestionou nestes tres anos e medio máis solo industrial que o que fixo o PPdeG nos 16 anos anteriores''.

Sobre a chegada do AVE a Galicia, promesa do Goberno de Zapatero para 2012, Quintana asegura que ''é o momento de pasar dos compromisos verbais aos compromisos sobre a mesa'', que se traslade ao papel, pois só así crerá na palabra do presidente.

5'0 (1 votos)

Para valorar comentarios debes estar registrado.


Acceder Crear usuario

No puedes valorar tus propios comentarios.



Ya has valorado este comentario



10 comentarios

Serán borrados los comentarios que contengan insultos y/o contenidos inadecuados.
Para cualquier duda, consulta la guía de comentarios.


#10 Por ferrete 23-02-2009 23:34

Normal

Qintana dixit: ''O importante é que non voten os mortos, que unha persoa non vote por dezaseis''. Falta un inciso na frase, en realidade quixo dicir ''O importante é que non voten os mortos se non vatan con sentidiño, e que unha persoa non vote por dezaseis se non o vai facer ó BNG''


#9 Por ferrete 06-02-2009 21:58

Normal

Oscpaz00, cando dis que eu collo un ou dous casos e xeneralizo, debo respostarche que eses dous casos son a miña nai e o difunto de meu pai. Estes casos concretos de cada un é do que se debe falar, documentados. Si che pediría por favor que cando exista unha crítica ó BNG non acendas automaticamente o chip de que quen a fai é do PP como trascende na túa frase "se o que pretendedes, ou o que pretende o señor Feijoo". Ese ver fantasmas e inimigos en todolas veiras é propio de dictaduras e dictadores. En calquera caso non teño un grao de parentesco más cercano ó señor Feijoo do que podes ter ti, pero iso non me impide ver que o de Allariz é unha desgraza para unha maioría silenciosa de galegos.


#8 Por oscpaz00 06-02-2009 13:00

Destacado

Uxiovillamar, non me fagas rir. O PP pide agora porque o voto da emigración xa non lle é favorable. Pero o único partido que leva DESDE SEMPRE pedindo o voto en urna é o BNG, e iso non hai quen o discuta. ¿Por qué Núñez Feijoo non solicitou o do DNI nas autonómicas do 2005, ou do 2001, logo? ¿Sería porque entón os "tongos" facíanos eles?
Ferrete, o que ti fas é coller un ou dous casos e xeneralizar. Iso é como se eu collo dous ou tres casos satisfactorios de aplicación (que tamén coñezo) e xeneralizo con eles concluíndo que que, "se nunha familia se fixo tanto ben", como estaremos a nivel global. Como en todo, haberá luces e sombras.
E eu non me refería "ó que antecedeu", se non a como se estaba, que...

Uxiovillamar, non me fagas rir. O PP pide agora porque o voto da emigración xa non lle é favorable. Pero o único partido que leva DESDE SEMPRE pedindo o voto en urna é o BNG, e iso non hai quen o discuta. ¿Por qué Núñez Feijoo non solicitou o do DNI nas autonómicas do 2005, ou do 2001, logo? ¿Sería porque entón os "tongos" facíanos eles?
Ferrete, o que ti fas é coller un ou dous casos e xeneralizar. Iso é como se eu collo dous ou tres casos satisfactorios de aplicación (que tamén coñezo) e xeneralizo con eles concluíndo que que, "se nunha familia se fixo tanto ben", como estaremos a nivel global. Como en todo, haberá luces e sombras.
E eu non me refería "ó que antecedeu", se non a como se estaba, que non é o mesmo. O certo é que se construiu unha rede de centros de día e de garderías, que non había. Agora ben, se o que pretendedes, ou o que pretende o señor Feijoo, é que en 4 anos se fagan centros de día e garderías públicos para todos cando non había ningunha, pois sí, ahí tedes razón... non se fixo. E, para agregar algo máis, os fondos da Lei de Dependencia proveñen do estado. Oxalá foran xestionados en Galicia, pero non o son. O que hai que facer é negociar para conseguir máis. Agora ben, ¿quen negocia? ¿Negocia o PSOE? Non, porque os seus diputados votan sempre que sí ó que diga o goberno. ¿Os do PP? Non, porque sempre van votar "non". Para poder negociar, hai que ter liberdade para votar "sí" ou "non", cousa que nin PP nin PSOE teñen.
No BNG haberá xente boa e xente mala, coma en todos os sitios. Pero, iso sí, dos tres candidatos podemos mirar o historial: Quintana demostrou a súa capacidade de xestión sobradamente en Allariz, convertendo un pobo agonizante nun motor económico e nun exemplo de rehabilitación que lle valeu un premio da UE. ¿Poden dicir o mesmo Feijoo ou Touriño, ou sequera algo parecido?

E se falamos de chiringuitos, falemos logo de chiringuitos... ¿qué é iso de prometer tarxeta sanitaria a todos os emigrantes, como fixo Feijoo? ¿Pagan eses emigrantes a seguridade social? ¿Quen vai pagar eses gastos? ¿Vos?


#7 Por nuncaxamais 06-02-2009 12:23

Normal

O seu lema o di todo..."queremos máis". Aínda lles parecen pouco as desfeitas que levan feito e queren facer máis...queren enchufar na administración a toda a militancias e despois a vivir do conto. PSOE-BNG, NUNCA XAMAIS


#6 Por uxiovillamar 06-02-2009 10:03

Normal

O PP foi o que pediu que os emigrantes tiveran que adxuntar fotocopia do DNI para poder votar, porque os do BNG tan só saben mirar cara outro lado, como fixeron coa axente electoral do PSOE...


#5 Por ferrete 05-02-2009 22:17

Normal

Oscpaz00,non hai maior siñal de ineficacia que referenciarse sempre a quen te antecedeu, e vexo que ti aproveitache ese cursiño. O problema ven cando ti eres o teu propio antecedente coma na Ley da Dependencia que entrou en vigor a primeiros do 2007, xa co señor Quin na Vicepresidencia facendo das súas. Que se fixo nestes dous anos, vouche dar tres exemplos: primeiro, recurrir ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia unha sentencia do Social de Lugo que lle concede a unha minusválida co 44% que ainda conduce con 79 anos, unha tarxeta de aparcamiento; segundo: citar para valorarlle a dependencia a un enfermo terminal con catromeses dende a solicitude, sendo o día da cita o seguinte ó do seu enterro; terceiro: denegarlle a...

Oscpaz00,non hai maior siñal de ineficacia que referenciarse sempre a quen te antecedeu, e vexo que ti aproveitache ese cursiño. O problema ven cando ti eres o teu propio antecedente coma na Ley da Dependencia que entrou en vigor a primeiros do 2007, xa co señor Quin na Vicepresidencia facendo das súas. Que se fixo nestes dous anos, vouche dar tres exemplos: primeiro, recurrir ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia unha sentencia do Social de Lugo que lle concede a unha minusválida co 44% que ainda conduce con 79 anos, unha tarxeta de aparcamiento; segundo: citar para valorarlle a dependencia a un enfermo terminal con catromeses dende a solicitude, sendo o día da cita o seguinte ó do seu enterro; terceiro: denegarlle a ese mesmo enfermo, dous meses despois de morto a axuda para unha cama articulada por "non resultar prioritario respecto a outros" cando levaba un ano encamado. Donde está o avance? Se esto todo pasa nunha sola familia canta desfeita global haberá. Vaia tropa de catedráticos, agregados e alumnos aventaxados do bon vivir, a demagoxia normalizadora e o Audi con asiento de coiro de raza rubia galega.


#4 Por MiMaleni 05-02-2009 19:03

Normal

Realmente lo bueno para Galicia sería que a Quintana NO LO VOTARAN NI "DEZASEIS", pero con la de cargos, carguillos, asesores y favores pagados que llevan hecho en estos cuatro años, creo que van a sacar 12 diputados.


#3 Por aestoandalBNG 05-02-2009 17:54

Normal

Yo entiendo muy bien a qué se refiere oscpazoo con eso de que hay que preguntarse "cómo estábamos". Efectivamente, cómo estaban los del BNG antes de asaltar el poder de la Xunta y cómo están ahora:
Comisiones Obreras ya denunció el mes pasado que el Bloque convirtió en verdaderos «chiringuitos clientelares» algunos de los órganos administrativos creados tras su llegada al Gobierno autónomo, poniendo como ejemplo las bases para la selección de 336 puestos de persoal laboral fijo de las galescolas, de los centros de atención a las personas mayores y de los servicios centrales del Consorcio. También la central nacionalista CIG, a través de su boletín de enero, se sumó a las críticas hacia los procesos selectivos,...

Yo entiendo muy bien a qué se refiere oscpazoo con eso de que hay que preguntarse "cómo estábamos". Efectivamente, cómo estaban los del BNG antes de asaltar el poder de la Xunta y cómo están ahora:
Comisiones Obreras ya denunció el mes pasado que el Bloque convirtió en verdaderos «chiringuitos clientelares» algunos de los órganos administrativos creados tras su llegada al Gobierno autónomo, poniendo como ejemplo las bases para la selección de 336 puestos de persoal laboral fijo de las galescolas, de los centros de atención a las personas mayores y de los servicios centrales del Consorcio. También la central nacionalista CIG, a través de su boletín de enero, se sumó a las críticas hacia los procesos selectivos, en línea con las denuncias de «enchufismo» hechas meses atrás.
Los datos recopilados por miembros de las dos centrales sindicales permiten identificar con nombres y apellidos a una treintena larga de candidatos del BNG que han sido colocados en algún servicio de la Xunta. Entre ellos figuran casos conocidos, como el de Pilar Candocia, ex concejal en Ames, que el BNG llegó a presentar en un tríptico electoral como responsable de un área del Consorcio, cuando el concurso para el cargo ni siquiera se había convocado. Finalmente, el puesto quedó vacante tras el concurso (pese a que había 31 aspirantes) y Candocia lo ejerce de facto como trabajadora eventual.
Acierto ante notario
También llamativo fue el caso de Andrés Vázquez Piñeiro, militante del BNG que fue nombrado director del área de Benestar en enero del 2007. Cuando la plaza se sacó a concurso, en agosto, la diputada del PP Marta Rodríguez Arias acudió con cuatro meses de antelación al notario a registrar quién sería el agraciado. Y acertó. El puesto está cubierto por Vázquez desde enero del 2008.


#2 Por nolobis 05-02-2009 11:15

Normal

SI, SI QUE AVANZAMOS, AHORA HAY ADSL, WIMAX, (TECNOLOGÍAS DE HACE 4 Ó 5 AÑOS), E MOITO PARQUE EMPRESARIAL, (QUEDAN MUY BONITOS).
MIRA O QUE DIN OS PERIODICOS SOBRE O BNG, O COMO TI DIS O QUE AVANZAMOS:
Pincha aqui


#1 Por oscpaz00 05-02-2009 10:41

Destacado

Nolo, se ésa é toda a túa crítica, o BNG debe estar a facelo de marabilla. ¿E acaso é mentira o que di Quintana? Feijoo dixo hoxe que faltan 4000 dependentes sen centro. É certo, queda moito por facer. Pero sexamos serios... No momento de facer balance, non basta con dicir "como estamos" se nón que hai que dicir "como estabamos"; é dicir, o que se avanzou. Certo que aínda quedan moitos dependentes sen atender, pero non podemos pretender que se faga en 4 anos o que non se fixo en vinte, sobre todo coas características da poboación en Galicia.


Acceder Crear usuario

Puedes comentar sin tener que crear un usuario, pero es recomendable si quieres acceder a todas las funcionalidades de los comentarios (votaciones, karma, foto personalizada)





captcha

Cambiar por outro


Un poco de HTML está bien
Puedes usar algunas etiquetas HTML <a></a>, <b></b>, <s></s>, <u></u>, <i></i>