A rexión máis representada
Galicia participa no plan desenvolvemento sostido do sector náutico
13/02/2009 - EFE
Galicia é a rexión atlántica con máis representación dos cinco países (Francia, Reino Unido, Irlanda, España e Portugal) que conforman o programa Nautismo Espazo Atlántico 2 (NEA 2), iniciativa que pretende o desenvolvemento económico, social e ambiental do sector náutico.
Segundo informou a Asociación Galega de Actividades Náuticas, Galicia é a rexión europea máis representada do programa, con 6 dos 24 socios: a Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos, Portos de Galicia, a Asociación Galega de Actividades Náuticas, o Concello de Cambados e as deputacións da Coruña e Pontevedra.
Coordinación do turismo náutico
O programa, que nesta segunda edición conta cun orzamento de 4,7 millóns de euros, creou unha colaboración interregional destinada a coordinar o turismo náutico a escala do espazo Atlántico.
Ademais, o conxunto de accións desta iniciativa articúlanse segundo os alicerces do plan de desenvolvemento sostible, a economía do sector e a cohesión social e o medio ambiente.
Así mesmo, trata de favorecer o nautismo fomentando, nos portos, o compromiso co desenvolvemento sostible, ademais da organización de eventos como o salón europeo da econavegación ou a conferencia sobre o desenvolvemento sostible no sector, entre outras actividades.
Non podes valorar os teus propios comentarios.
Só podes valorar o comentario unha vez.
Interésanos a túa opinión, pero 'con sentidiño'. Nada de insultos nin descalificacións.
Borraranse todos os comentarios que, con criterio subxetivo como en toda web, se consideren inadecuados.
E lembra, non lles deas de comer aos trolls...
Para calquera dúbida, consulta a guía de comentarios.





