Consellería Medio Rural

O Banco de Terras, operativo o vindeiro outono


Etiquetas: Xunta, Medio Rural

11/08/2007 - Xeración /AGN (Santiago)

O vicepresidente da Xunta, Anxo Quintana, anunciou hoxe en Allariz (Ourense) que o banco de terras galego estará “plenamente operativo” en todo o país o vindeiro outono.

Na súa visita á zona de aproveitamento gandeiro do monte de Penamá, en Allariz, Quintana asegurou que a partires de setembro porase en marcha a fase de mobilización e arrendamento de terras agrarias en toda Galicia.

Acompañado polo conselleiro de Medio Rural, Alfredo Suárez Canal, Quintana subliñou que o obxectivo inmediato do banco de terras é a integración de 10.000 hectáreas de terra abandonada e improdutiva antes de final de ano. A consellería procedeu tamén á fixación de cinco zonas piloto de especial dinamización.

En Coruña fixouse unha zona entre as comarcas de Ordes e Xallas, outra na Terra Chá lucense, unha terceira na Limia ourensá e por último, outras dúas en Deza e Valmiñor, Pontevedra, en función da demanda existente e do peso socioeconómico das actividades agrogandeiras nestas zonas.

3'0 (2 votos)

Para valorar comentarios debes estar registrado.


Acceder Crear usuario

No puedes valorar tus propios comentarios.



Ya has valorado este comentario



¿Comentas?

Serán borrados los comentarios que contengan insultos y/o contenidos inadecuados.
Para cualquier duda, consulta la guía de comentarios.


Acceder Crear usuario

Puedes comentar sin tener que crear un usuario, pero es recomendable si quieres acceder a todas las funcionalidades de los comentarios (votaciones, karma, foto personalizada)





captcha

Cambiar por outro


Un poco de HTML está bien
Puedes usar algunas etiquetas HTML <a></a>, <b></b>, <s></s>, <u></u>, <i></i>