O galego David Cal fíxose hoxe coa medalla de ouro da categoría C-1, na distancia de 500 metros, nos mundiais de piragüismo de Duisburg, en Alemaña. Cal superou na liña de meta ó alemán Andreas Dittmer.
O xermano terá de seguro pesadelos co palista de Cangas, que tamén lle arrebatou o bronce na proba dos 1.000 metros celebrada onte, tras un espectacular sprint final.
David Cal suma así outra medalla no seu palmarés na disciplina que máis lle viña custando nos últimos días, xa que chegou á final gracias a clasificación por tempos, ó non poder lograla por postos.
Esta vitoria permítelle a Cal clasificarse directamente para os xogos olímpicos de Beijing 2008, onde xa ía participar nos 1.000 metros, gracias ó seu terceiro posto do sábado.
12/08/2007