Os agricultores da Limia, contra a Zona de Protección de Aves

Datos de interés

  • Martes 02.12.2008

O SLG convoca unha protesta

Os agricultores da Limia, contra a Zona de Protección de Aves


Etiquetas: medio ambiente, agro

AGN/Xeración (Ourense).

A creación dunha Zona Especial de Proteccion de Aves (ZEPA) na comarca da Limia, anunciada pola Consellería de Medio Ambiente, continúa a atopar a oposición dos agricultores da zona. O Sindicato Labrego Galego ten convocada para o próximo venres unha concentración de protesta contra esta medida ante a delegación da Consellería en Ourense.

Dende a organización sindical aseguran que o sector do agro da comarca está en contra da zona protexida porque existe unha "falta de información total" por parte da administración autonómica aos afectados, pese a que o tempo de presentación de alegacións ao texto "finalizará en breve".

O sindicato agrario considera que a declararación de zona protexida dun total de dez mil hectáreas de terreo afectará aos "tipos de cultivo haberá que tratar na zona, así como cando haberá que sementar e como". O responsable do SLG da Limia, Anxo Pérez, considera que isto "ocasionará graves restriccións no aproveitamento das zonas agrícolas e gandeiras tradicionais da Limia".

ZEPA compatible co agro
Dende a Consellería de Medio Ambiente negan que a creación da ZEPA da Limia vaia supor ningún tipo de restricción nin limitación dos usos do chan que ata o de agora se desenvolven na zona, segundo explicou o director xeral de Conservación da Natureza, Xosé Benito Reza en declaracións recollidas pola Radio Galega.

A creación da ZEPA da Limia foi aprobada pola Xunta para tentar cumprir a sentenza do Tribunal de Xustiza da UE que obrigaba a seis comunidades autónomas, entre as que figura Galicia, a incrementar as súas Zonas de Protección Especial de Aves.

Segundo recollía o DOG do pasado 2 de agosto, na Limia e en Pena Trevinca crearase cadansúa ZEPA, que se sumarán ás outras 14 que existen en Galicia. En conxunto, as dúas áreas protexidas ocupan unha extensión de máis de 33.000 hectáreas, que se suman ás outras 71.500 existentes xa na comunidade.

Adega ofrécese como mediadora
A asociación ecoloxista Adega aseguroa pola súa parte que os agricultores están mal informados e condicionados polos rumores que escoitan sobre a zona protexida. Dende Adega asegúrase que precisamente por atoparse nunha zona protexida, os traballadores do agro poden optar a novas axudas, e que estas serán as únicas que non corren o risco de desaparecer nun futuro por cambios na Política Agraria Común da Unión Europea.

Os ecoloxistas pídenlle á Administración que informe "detalladamente" do tema ós veciños da Limia, e paralelamente solicítalles a estes que comproben as súas informacións coa lexislación vixente, xa que "a declaración de ZEPA conleva moitos maiores beneficios que posibles prexuicios".

22/08/2007

3'0 (2 votos)

valorar_registrado


Acceder Crear usuario

valorar_propios



valorar_valorado



1 comentario

comentarios_interesa guía de comentarios.


#1 Por XANTON 27-06-2008 12:48

Normal

Para que luego diga el Sr. Benito Reza que solo los vecinos de Os Ancares se oponen.
Primero ZEPA y despues ?

http://parqueancares.blogspot.com/
Para poner opiniones sobre el Parque en Ancares


Acceder Crear usuario

co_explica





captcha

Cambiar por outro


co_pouco_html
co_etiquetas_html

Opcións

Buscar + información sobre




Publi


Galiciae
Rúa Salvadas, 27, Santiago · Tlfno: 981 55 25 30
Grupo El Progreso