España apoia a EE UU e pide unha ''forte resposta'' en Siria


Etiquetas: ataque, EE UU, España, G20, Siria

06/09/2013 - GaliciaeLV/ Axencias

Os Gobernos de Australia, Canadá, Francia, Italia, Xapón, Corea do Sur, Arabia Saudita, España, Turquía, Reino Unido e EE UU pediron hoxe unha "forte resposta internacional" tras o uso de armas químicas en Siria, segundo un comunicado divulgado pola Casa Branca.

"Chamamos a unha forte resposta internacional a esta grave violación das normas e a conciencia mundial, que envíe unha clara mensaxe para que este tipo de atrocidade non volva repetirse", indica a nota, emitida tras o cume do G20 na cidade rusa de San Petersburgo.

O comunicado engade que "os que perpetraron estes crimes deben de asumir a responsabilidade".

Os once países cualifican o ataque do pasado 21 de agosto nos suburbios de Damasco de ''horrible'', e afirman que "a evidencia claramente apunta ao Goberno sirio como responsable", a pesar de que as autoridades dese país négano e acusan á oposición armada.

Así mesmo, a nota engade que os once países subliñan que apoiaron de forma sistemática o seu apoio a unha "contundente resolución do Consello de Seguridade de Nacións Unidas", pero recoñecen que ese organismo se atopa paralizado como o estivo durante os últimos dous anos e medio" desde que estalou a guerra civil en Siria.

"O mundo non pode esperar a fracasados procesos sen fin que só poden levar a un maior sufrimento para Siria e a inestabilidade rexional", sinalan os Gobernos, de acordo co comunicado divulgado pola Casa Branca.

Destacan, ademais, o seu respaldo aos "esforzos levados a cabo por EE UU e outros países para asegurar a prohibición do uso de armas químicas".

Por iso, instan á misión de inspectores das Nacións Unidas que recolleu probas no lugar do ataque a presentar "os seus resultados canto antes", e ao Consello de Seguridade "a actuar en consecuencia".

O comunicado condena "nos termos máis contundentes" as violacións dos dereitos humanos de todos os bandos no país árabe, e os once Gobernos insisten no seu compromiso coa procura dunha "solución política que teña como resultado unha Siria unida, que inclúa a todas as partes, e democrática". 

0'0 (0 votos)

Para valorar comentarios debes estar rexistrado.


Acceder Crear usuario

Non podes valorar os teus propios comentarios.



Só podes valorar o comentario unha vez.



8 comentarios

Borraranse os comentarios que conteñan insultos e/ou contidos inadecuados.
Para calquera dúbida, consulta a guía de comentarios.


#8 Por Bartolo 07-09-2013 00:29

Normal

Lo cierto es que la lucha por una estrategia común de Siria ha fracasado en la cumbre del G-20. Sólo diez países apoyaron en un comunicado de los EE.UU La única europea canciller Merkel se negó a su firma, sin una resolución de la ONU.
Años atrás, escritores, filósofos, y otros pensadores occidentales se movilizaban pidiendo que sus Gobiernos se implicaran, o no, en las crisis internacionales. Entonces, ¿por qué guardan silencio en relación a Siria, cuando el conflicto se recrudece y una intervención militar está en ciernes?


#7 Por Bartolo 07-09-2013 00:03

Normal

Diferencia entre información, ejemplo:
Voz Pópuli:España, entre los países que junto a EEUU exigen una "firme respuesta"
El Progreso:España apoya a EE UU y pide una ''fuerte respuesta'' en Siria.


#6 Por vigues 06-09-2013 23:55

Normal

Rajoy ha de asumir que no se puede confiar en quien accedió al poder amparado en la mentira del engaño electoral...y así sigue...


#5 Por LauraGV 06-09-2013 23:42

Normal

Nos van a salir caras las palabras de "halago" del sr. Obama de ayer...hala caminito de otra guerra...y a la vuelta de unos meses...pepinazo en tren, avión, bus, o supermercado...a cuenta de la participación en una guerra que ni nos va ni nos viene...y además que no perdamos alguna valiosa vida de algún militar de nuestro ejército...amén del gasto que supondrá el traslado de tropas y material...¡PARA ESO HAY PASTA VERDAD SINVERGÜENZA!....pero para las verdaderas prioridades del país...para eso nooooooooooooo recortessh


#4 Por coxo 06-09-2013 21:33

Normal

Agora xa sabemos a que viña ese apoio de Obama a Rajoi no tema economçico , neste mundo naide da nada por nada , iso si os españois vendense ben baratos.


#3 Por aritas 06-09-2013 20:47

Normal

Lo que hay que hacer es darle un cachete a Bashar al Assad y dejarle que siga gobernando. Porque como se ha demostrado, son mejores las dictaduras laicas en esta zona que cualquier otra cosa. Como quedó demostrado con Gadafi, tras darle el cachete en su propio palacio, o como ha quedado demostrado con Mubarak en Egipto.


#2 Por mentirash 06-09-2013 20:36

Normal

1 Por Requiario 20:28

no requiario no.

Él (por Rajoi) dice una cosa que no tiene nada que ver con lo que hace (firma).

Rajoi en su ultima rueda de prensa declara que aboga por una solución diplomática, pero se da la casualidad de que nos enteramos de que ya había firmado ese documento y lo sabemos gracias a que se hizo público por parte de la casa blanca. la Moncloa (Rajoi) como ya he dicho declara otra cosa.

¿Quién miente?

yo apuesto a que es rajoi.

estamos gobernados por enfermos.


#1 Por Requiario 06-09-2013 20:28

Normal

Que vai dicir un goberno titere e perrito faldeiro do imperio(USA)?


Acceder Crear usuario

Podes comentar sen ter que crear un usuario, pero é recomendable se queres acceder a todas as funcionalidades dos comentarios (votacións, karma, foto personalizada...)





captcha

Cambiar por outro


Un pouco de HTML está ben
Podes usar algunhas etiquetas HTML <a></a>, <b></b>, <s></s>, <u></u>, <i></i>


Fotos

Rajoy, durante o seu encontro de hoxe co presidente ruso (EFE/Sergei Chirikov)
Rajoy, durante o seu encontro de hoxe co presidente ruso (EFE/Sergei Chirikov)