Un coche bomba explotou esta madrugada nas inmediacións do cuartel da Guardia Civil da localidade biscaína de Durango. Pese a que non houbo unha reivindicación da acción, as investigacións apuntan a que a banda terrorista ETA é a autora deste atentado, a consecuencia do que dous axentes resultaron feridos leves. Trataríase así da primeira actuación da banda dende a ruptura do alto o fogo o pasado 5 de xuño.
A explosión produciuse arredor das 3:30 da madrugada, xunto á parte traseira do cuartel e fóra do seu perímetro de seguridade. Segundo fontes da investigación, o coche bomba era un Citröen C-15, que momentos antes fora estacionado por un home encapuchado. Logo de abandonar o vehículo, fuxiu noutro automóbil xunto a unha segunda persoa.
O coche da fuxida rematou sendo explosionado unha hora máis tarde en Amorebieta, presuponse que para dificultar a aparición de probas que identifiquen os autores dos atentado.
O estourido produciuse sen previo aviso, como adoita ser habitual nos atentados de ETA contra a Garda Civil. A explosión causou cuantiosos danos materiais. Os dous axentes que quedaron feridos tiveron que ser trasladados ao hospital, pero xa foron dados de alta e regresaron o Cuartel de Durango.
Infraestrutura
Segundo informou o director xeral da Policía e da Gardia Civil, Joan Mesquida, as investigacións apuntan a que a furgoneta que explosionou estaba cargada con entre 80 e 100 quilos de metralla e explosivos. O vehículo foi roubado en Portugal, o que "parece confirmar que ETA podería ter algún tipo de infraestrutura no país luso". A Ertzaintza tenta localizar arestora os autores do atentado, segundo informou o Departamento de Interior do País Vasco.
Esixencia de condena a Batasuna e ANV
Este atentado chega un día despois de que o Ministro do Interior, Alfredo Pérez Rubalcaba, afirmara nunha
entrevista á Cadena Ser que ETA seguiría tentando atentar despois das detencións de varios membros da banda e que se frustraran varias accións. Nese escenario "o silencio de Batasuna é o peor dos augurios".
Precisamente cara Batasuna van moitas das reaccións despois do atentado que non deixou víctimas mortais. Despois de reclamar "a unidade dos partidos", o secretario de Organización do PSOE , José Blanco dixo que para Batasuna é "o momento de pasar das palabras ós feitos", mesmo se non ten moitas esperanzas que nin a formación ilegalizada nin Acción Nacionalista Vasca condenen o atentado.
Na mesma liña reaccionaron a maioría dos partidos parlamentarios como Izquierda Unida, o PNV, EA, CIU ou ERC. O Partido Aragonés (PAR) pedíu a ampliación do pacto antiterrorista ó resto das formacións mentres que Aralar, antiga escisión de Batasuna condenou o atentado porque "non aporta nada á superación do conflicto".
Mentres, dende o Partido Popular suavizáronse as críticas ós gobernos centrais e vascos, habituais durante toda esta lexislatura incluso despois do atentado da T-4. O voceiro do PP no País Vasco, Leopoldo Barrena expresou a "máis rotunda condena e a solidaridade cos feridos e as súas familias". Ademais, reclamou "a unidade democrática fronte a ETA e a plena efectividade do Pacto polas Liberdades" ademais de pedirlle ó Goberno Vasco a "implicación nesta loita".
A condena que non chega
ANV, pola súa banda, descolgouse esta mañá da "condena enérxica" do atentado que todos os demais grupos municipais asinaron na xunta de voceiros do concello de Durango. No texto, PNV, PSE, PP, Aralar e Ezker Batua se solidariza cos gardas feridos e os veciños afectados pola acción terrorista.
Mentres, Acción Nacionalista Vasca non asinou o documento e manifestou nun comunicado a súa solidaridade aos afectados ao tempo que declara que o atentado é "consecuencia do conflito".
Na misma liña se pronunciou o voceiro de Batasuna, Pernando Barrena, que nunha declaración pública manifestou que a responsabilidade da violencia de ETA é o Goberno por ter rexeitado o "desarme definitivo" da banda.